As mobilizacións do 17 de maio mantéñense dende as casas - Queremos Galego!Queremos Galego! As mobilizacións do 17 de maio mantéñense dende as casas Publicado o 21 de Abril de 2020 por Queremos Galego Queremos Galego anima a sociedade a celebrar o Día das letras desde as casas, reivindicando a nosa lingua en xanelas e varandas e nas redes sociais baixo o lema Precisamos do galego: xustiza, igualdade e cohesión A plataforma cidadá Queremos Galego, composta por máis de 600 entidades, anima a sociedade galega a manter as mobilizacións do 17 de maio, pendurando de xanelas e varandas a bandeira galega e cartaces que reivindiquen a nosa lingua co lema Precisamos do galego: xustiza, igualdade e cohesión como os que a plataforma ofrecerá desde a súa web, listos para descargar e imprimir en difetentes formatos. “A lingua galega non ficará confinada este 17 de maio”, asegura Marcos Maceira, voceiro de Queremos Galego, que chama tamén ás persoas usuarias das redes sociais a partillar ao
BLOG DE OPINIÓN DA ASOCIACIÓN CULTURAL FUCO BUXÁN