Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2022

Rafael Pillado, o sorriso da resistencia

Rafael Pillado, o sorriso da resistencia Hoxe nos convoca un amigo, un compañeiro que é para nos un modelo de dignidade. Estamos aquí esta tarde para celebrar a amizade, a fraternidade, de todos e todas ás que nos une a RESISTENCIA E A RISA, como actitude esencial do vivir, para mantermos apaixonadamente vivos, habitando os días, facendo noso o tempo que nos toca, e namoradamente, compartir o vivido, é dicir, ser xenerosos, sempre xenerosos, luminosamente solidarios. Isto é o que nos desvela cada día RAFAEL PILLADO. E a demostración do xusto e fermoso, deste agradecemento colectivo, é que estamos celebrando o mellor deste pobo, desta cidade, embargada tantas veces. E tantas veces posta en pé para dar un si que glorifica, un si á Loita por un mundo xusto , por unha vida digna. Resistir e rir, Loitar e Vivir, vivir non se apraza xamais. A Utopía que desexamos para todos os seres, alcanzámola cada día compartido coma se fose pan recen feito. O sorriso de Rafael, esa promesa de terra firme