LETRAS GALEGAS 2017 PARA O PROFESOR CARVALHO CALERO (1910-1990) Don Ricardo Carvalho Calero (1910-1990) recibiu na súa natal cidade de Ferrol a súa primeira homenaxe pública en 1981, acto no que quedou manifesto a “Súa fidelidade á causa de recuperar para o seu país a súa propia cultura .” Seguiron outras homenaxes, foi nomeado fillo predilecto de Ferrol en 1990, unha rúa, un centro de ensino e outro cultural desa cidade levan o seu nome. En 1996 o Parlamento galego nomeouno Fillo Ilustre de Galicia, don Ricardo foi obxecto de estudos, simposios e congresos. Por primeira vez no ano 2008 Francisco Fernández del Riego propuxo á RAG, como seu presidente, a candidatura de Carvalho Calero ás Letras Galegas, mais, en palabras súas, “A proposta non prosperou e ben que o sentín” . Diferentes entidades e persoas reiteraron a candidatura nos anos 2010 e 2013, tamén sen éxito. No ano 2014 unha comisión, que acadou amplisimos apoios asociativos, particulares e instituc
BLOG DE OPINIÓN DA ASOCIACIÓN CULTURAL FUCO BUXÁN