XAQUÍN CAMPO FREIRE. NARÓN. 26-07-2016. Por que meter e facer responsábel ao Apóstolo das nosas propias desfeitas? Voume referir só a lingua e cultura galegas. Señor Santalices, lin atentamente o seu solemne discurso. Nada mal fixo Santiago, o Apóstolo, para irlle afear publicamente a conduta e que teña que vir arranxar algo neste asunto. Todo o seu grupo actual, principalmente o señor Feijoo, D. Jesús Vázquez, D. Anxo Lorenzo, etc, queimaron miles libros en lingua galega para o ensino. Santiago non é culpábel. Foi o señor Feijoo o que entrou berrando como cabalo de Atila que devastaría o decreto da lingua galega elaborado por don Manuel Fraga co consenso de todos. Santiago non é culpábel. Ben axiña impuxo o señor Feijoo o “decretazo” que arruinou, desprestixiou e fixo desaparecer na práctica a lingua das esferas oficiais e mesmo en áreas do ensino e introxectou nas conciencias das xeracións novas e vellas a idea suicida de que o noso non val...
BLOG DE OPINIÓN DA ASOCIACIÓN CULTURAL FUCO BUXÁN