Concentración: Polo dereito á atención en galego, 14 de marzo ás 12:00 h en Lugo • A Mesa Concentración: Polo dereito á atención en galego, 14 de marzo ás 12:00 h en Lugo • A Mesa A Mesa pola Normalización Lingüística convoca unha concentración a próxima cuarta feira, 14 de marzo, en Lugo polo dereito á atención en galego. A Mesa fai un chamamento para defender socialmente a nosa lingua e os dereitos lingüísticos que temos como galegofalantes e como resposta ao caso de vulneración de dereitos lingüísticos acontecido a semana pasada na que unha cidadá non recibiu a atención en galego, despois de solicitalo, no edificio administrativo da Xunta en Lugo A Mesa pola Normalización Lingüística xa enviou queixas ás diferentes institucións para denunciar este caso de discriminación lingüística acontecido na Delegación da Xunta de Galiza en Lugo. Segundo recolle diferente lexislación as cidadás e cidadáns teñen dereito á atención en galego na administración e o funcionariado ten ...
BLOG DE OPINIÓN DA ASOCIACIÓN CULTURAL FUCO BUXÁN