As mobilizacións do 17 de maio mantéñense dende as casas - Queremos Galego!Queremos Galego! As mobilizacións do 17 de maio mantéñense dende as casas Publicado o 21 de Abril de 2020 por Queremos Galego Queremos Galego anima a sociedade a celebrar o Día das letras desde as casas, reivindicando a nosa lingua en xanelas e varandas e nas redes sociais baixo o lema Precisamos do galego: xustiza, igualdade e cohesión A plataforma cidadá Queremos Galego, composta por máis de 600 entidades, anima a sociedade galega a manter as mobilizacións do 17 de maio, pendurando de xanelas e varandas a bandeira galega e cartaces que reivindiquen a nosa lingua co lema Precisamos do galego: xustiza, igualdade e cohesión como os que a plataforma ofrecerá desde a súa web, listos para descargar e imprimir en difetentes formatos. “A lingua galega non ficará confinada este 17 de maio”, asegura Marcos Maceira, voceiro de Queremos Galego, que chama tamén ás persoas usuaria...
BLOG DE OPINIÓN DA ASOCIACIÓN CULTURAL FUCO BUXÁN