Petición · MANIFESTO POLO DECRECEMENTO-POR EL DECRECIMIENTO-PEL DECREIXEMENT-PELO DECRESCIMENTO. · Change.org
Petición · MANIFESTO POLO DECRECEMENTO-POR EL DECRECIMIENTO-PEL DECREIXEMENT-PELO DECRESCIMENTO. · Change.org MANIFESTO POLO DECRECEMENTO . Aos medios de comunicación. Perante a cobertura informativa dos distintos medios de comunicación en relación á pandemia do COVID19, as persoas e organizacións abaixo asinantes rexeitamos: A frivolización que a maioría destes están a facer respecto á orixe do COVID19, por estar a introducir no imaxinario colectivo que a responsabilidade da pandemia é da poboación chinesa que come carne de animais salvaxes. Unha información que tende a asimilar “ animais salvaxes ” con “especies animais aberrantes para a nosa cultura culinaria” - como é o caso do morcego ou o pangolín - e que, con todo, omite que o consumo de carne procedente de animais salvaxes é característico da humanidade e exclúe da devandita categoría outras especies como o polbo, as nécoras, o xabaril, o cervo, as perdices, os paspallás e todas aquelas que forman parte da nosa contorna cu...