É necesario berrar alto e claro que ¡basta xa de destruír o estado do benestar! ¡Basta xa de roubarnos as conquistas que tanto suor i esforzo custaron! Coñecemos a decisión do goberno municipal de Ferrol de privatizar o servizo de Atención Cidadán. E soubémolo pola denuncia da oposición. Segundo o portavoz do goberno, non afectará ó persoal municipal. Pero, segundo a oposición, custará máis de 10.000 euros por persoa e ano; maior ineficacia, privatización, recorte e demolición do servizo. Os traballadores municipais ven despilfarro. Din que se gastan 21.000 euros máis nun estudo que xa está feito e que custou 38.000 euros. Unha mostra de “austeridade”. Quen fala no nome do alcalde di que se trata de cumprir o Regulamento de Participación Cidadá. Precisamente o concelleiro que ven torpedeando ó movemento cidadá. E minte cando fala do Regulamento. O que este reclama non é a privatización do servizo, senón a posta en marcha desta oficina municipal. Primeiro se privatizou a vix...
BLOG DE OPINIÓN DA ASOCIACIÓN CULTURAL FUCO BUXÁN