AD | Noticia | rompamos co seu xogo, construamos a alternativa: 1º de maio
Por iso, este primeiro de maio, símbolo da dureza dos ataques que os traballadores sufrimos ao longo da historia, pero tamén da nosa resistencia e da nosa loita pola nosa emancipación, da nosa capacidade de organizarnos e de transformar esta sociedade, chamamos, dende a CNT, a reforzar as resistencias contra estas políticas, a afirmar a necesidade de organizarse doutro xeito, e a construír dende a unidade dos traballadores, ferramentas de loita e un movemento obreiro forte, eficaz e contundente na defensa dos dereitos das clases traballadoras.
Un primeiro de maio de 2013 no que avancemos para romper cunhas regras do xogo que non son as nosas, cambiemos o taboleiro e construamos dende xa a alternativa, dende a acción directa, a solidariedade, o apoio mutuo, a autoxestión, dende a autonomía radical fronte ao goberno e a patronal.
ESTE PRIMEIRO DE MAIO DE 2013, A LOITA CONTINÚA.
Enfrontámonos a unha das maiores ofensivas contra os dereitos e as condicións de vida da clase traballadora. Instaláronnos, dende hai anos, nunha situación de crise permanente que serve de xustificación para todo tipo de agresións e recortes de dereitos.
O paro creceu ata os 6 millóns de traballadores e traballadoras, e segue sumando, a resultas das decididas políticas de destrución de emprego impulsadas polo goberno ao ditado da patronal e das institucións financeiras internacionais, e funciona como coacción permanente para facilitar que os traballadores se preguen aos recortes de salarios e dereitos impostos pola patronal.
Unha débeda ilexítima, que non temos contraido, é axitada polas institucións europeas e os gobernos para xustificar os recortes e a desmontaxe dos servizos públicos máis básicos, e constitúese en mecanismo de chantaxe permanente contra os sectores máis débiles da sociedade.
O sistema político e económico que nos dominou durante os últimos 30 anos, fai augas e está en bancarrota, evidenciando de forma cada vez máis cotiá o seu feroz carácter de clase, e o conflito entre unhas políticas cada vez máis agresivas contra os sectores populares, practicadas de forma moi similar polas distintas opcións políticas cando alcanzan o goberno, e o discurso 'democrático' que serve para xustificalas.
A corrupción, que forma parte intrínseca deste sistema, esténdese polas principais institucións e faise máis evidente ante a dificultade de continuar as dinámicas especulativas que durante anos engraxaron o sistema e contentou aos distintos grupos de poder, ante a incapacidade de xerar novas burbullas especulativas que axitar como cenoria ante a clase traballadora para que continuemos sostendo o sistema.
Dende o goberno preténdese que este negro panorama instale nos sectores populares a deseperación, o medo e a parálise, os mellores aliados do poder.
Pola contra dende CNT, neste primeiro de maio, dicimos que é hora de dicir basta e de loitar, pero non podemos facelo dende a armazón sindical institucionalizada, imperante durante todos estes anos, cómplice durante anos das políticas que nos levaron á actual situación, asinante de sucesivos pactos para recortar os nosos dereitos e instalado na concertación e a cesión permanente, incapaz de enfrontar de forma contundente, sostida e coordinada ou sequera honesta, os ataques máis graves que, como traballadores, estamos a sufrir, atascado na súa dependencia do poder.
Unha débeda ilexítima, que non temos contraido, é axitada polas institucións europeas e os gobernos para xustificar os recortes e a desmontaxe dos servizos públicos máis básicos, e constitúese en mecanismo de chantaxe permanente contra os sectores máis débiles da sociedade.
O sistema político e económico que nos dominou durante os últimos 30 anos, fai augas e está en bancarrota, evidenciando de forma cada vez máis cotiá o seu feroz carácter de clase, e o conflito entre unhas políticas cada vez máis agresivas contra os sectores populares, practicadas de forma moi similar polas distintas opcións políticas cando alcanzan o goberno, e o discurso 'democrático' que serve para xustificalas.
A corrupción, que forma parte intrínseca deste sistema, esténdese polas principais institucións e faise máis evidente ante a dificultade de continuar as dinámicas especulativas que durante anos engraxaron o sistema e contentou aos distintos grupos de poder, ante a incapacidade de xerar novas burbullas especulativas que axitar como cenoria ante a clase traballadora para que continuemos sostendo o sistema.
Dende o goberno preténdese que este negro panorama instale nos sectores populares a deseperación, o medo e a parálise, os mellores aliados do poder.
Pola contra dende CNT, neste primeiro de maio, dicimos que é hora de dicir basta e de loitar, pero non podemos facelo dende a armazón sindical institucionalizada, imperante durante todos estes anos, cómplice durante anos das políticas que nos levaron á actual situación, asinante de sucesivos pactos para recortar os nosos dereitos e instalado na concertación e a cesión permanente, incapaz de enfrontar de forma contundente, sostida e coordinada ou sequera honesta, os ataques máis graves que, como traballadores, estamos a sufrir, atascado na súa dependencia do poder.
Por iso, este primeiro de maio, símbolo da dureza dos ataques que os traballadores sufrimos ao longo da historia, pero tamén da nosa resistencia e da nosa loita pola nosa emancipación, da nosa capacidade de organizarnos e de transformar esta sociedade, chamamos, dende a CNT, a reforzar as resistencias contra estas políticas, a afirmar a necesidade de organizarse doutro xeito, e a construír dende a unidade dos traballadores, ferramentas de loita e un movemento obreiro forte, eficaz e contundente na defensa dos dereitos das clases traballadoras.
Un primeiro de maio de 2013 no que avancemos para romper cunhas regras do xogo que non son as nosas, cambiemos o taboleiro e construamos dende xa a alternativa, dende a acción directa, a solidariedade, o apoio mutuo, a autoxestión, dende a autonomía radical fronte ao goberno e a patronal.
ESTE PRIMEIRO DE MAIO DE 2013, A LOITA CONTINÚA.
Comentarios
Publicar un comentario
Deixa o teu comentario...