Ir al contenido principal

Xuizo político: Dereitos e liberdades en xogo, ... Por Iolanda Teixeiro Rei - Están en xogo as liberdades civís de todos nós, ... Mañá podes ser ti ou eu - Ártabra 21

Xuizo político: Dereitos e liberdades en xogo, ... Por Iolanda Teixeiro Rei - Están en xogo as liberdades civís de todos nós, ... Mañá podes ser ti ou eu - Ártabra 21


Por Iolanda Teixeiro Rei [*]
17.11.2020


XUIZO POLÍTICO. DEREITOS E LIBERDADES EN XOGO.

Hai poucos anos ao abrir un xornal batín cunha nova desacougante. O enxuizamento e condena dun ano de cárcere a unha veciña  de Viveiro acusada de algo descoñecido para min, o autoadoutrinamento xihadista. Polo visto, o seu delito era utilizar as redes sociais e o internet para adoutrinarse a si mesma desde a súa vivenda. O que deron en chamar radicalización indirecta. A Sala da Audiencia Nacional considerara atenuante o trastorno de personalidade con trazos de excentricidade que padecía e a escasa potencialidade de cometer un atentado. A sentenza considerara probado que a muller buscara palavras en internet como Santiago, infieis ou destrución. Parece que esas eran as probas que os levaron a pensar que planeara cometer un atentado o día da Patria do 2018. (Ollo aos especialistas en islamismo e aos curiosos do saber). Abraiante. Non dava creto. Pareceume aínda máis estrano o silenzo xeralizado a respecto do caso. Eu atribuino a que a moza estava isolada e non se lle coñecía militancia ou vida social sequer. Só unha persoa, A. Carrodeguas, manifestoume que estava aqueloutrado por ese concepto no que se baseava o xuízo que condeava a aquela muller. Verdadeiramente este novo delito, baseado no art. 575.2 do Código Penal incorporado coa Lei Orgánica 2/2015, recibiu duras críticas por parte da xurisprudencia, mais aí ficou. (E non devemos esquecer que a modificación do código penal foi obra do bipartidismo PP-PSOE). O concepto de adoutrinamento permite o castigo penal dos suxeitos que experimentan unha radicalización terrorista por si mesmos, concepto que bate cos dereitos fundamentais recollidos na Constitución. Fálase de perfís tipo de suxeitos potencialmente yihadistas ou tambén de obxectivos de radicalización que definen como o proceso polo que un individuo ou grupo tende a asumir puntos de vista políticos intransixentes e doctrinarios que os pode vencellar a ideoloxías estremistas ou crenzas fundamentalistas. Como se ve, son conceptos que falan de suxectividades e potencialidades, prestándose a duvidosa interpretación e encamiñando o Estado de Dereito nun grave devalo involucionista. Catalogar, por exemplo, ambientes de ocio como locutorios, cibercafés, librerías, sedes de asociacións... como vías de radicalización é, cando menos, unha creba dos dereitos civís.

A lei mordaza, co encarceramento de rapeiros como Valtony ou Hásel por exercer o dereito á liberdade de expresión que ampara o art 20.1 da Constitución, criminalizando a liberdade de expresión e ideolóxica como apoloxía do terrorismo e inxuria á Coroa polas letras das súas cancións, avaliando como delito un desexo subxectivo, foi un chanzo involutivo máis seguido polo Procés e o ataque continuo ao dereito de autodeterminación, de expresión, de asociación, de liberdade ideolóxica... contra todos os sectores independentistas.

Logo virían as operacións Jaro contra o independentismo galego no 2015. Precisamente este luns, 19 de outubro, comeza na Audiencia Nacional española, o xuízo político contra doce membros de dúas organizacións independentistas galegas, Causa Galiza e Ceivar. A día de hoxe máis dun milleiro de persoas, dun amplo espectro ideolóxico e social asinaron o manifesto cidadán contra a represión salientando que este xuízo é un atentado contra o dereito de asociación política e liberdade de opinión e expresión do povo galego. De se levar a cabo, o encarceramento, de catro a doce anos, e a ilegalización ou disolución destas dúas organizacións, sentaría un ataque sen precedentes á democracia e o pluralismo político na Galiza, creando un gravísimo precedente xurídico que abrangue a toda a cidadanía. Por iso considero que toda persoa que se teña por demócrata devería se solidarizar pedindo o arquivo inmediato da causa e o cese deste tipo de operativos contra o independentismo galego. Cando nun sumario aparecen actos de memoria histórica sobre a Revolución galega de 1846 como delictivos, no canto de se estudar en palestras académicas, podemos estar certos de que a imparcialidade e a seguridade xurídica andan en xogo.

Non se trata de defender a nosa ideoloxía. Non se trata de ser ou non ser independentistas. Están en xogo as liberdades civís de todos nós, sexamos da ideoloxía que sexamos. Hoxe son os independentistas galegos, onte os do procés, antonte os rapeiros e anteantonte unha muller que pescudava páxinas de internet. Mañá podes ser ti ou eu.

Pola defensa dos dereitos e liberdades fundamentais da propia Constitución española é que devemos solidarizarmonos e pedir a absolución dos independentistas galeg@s encausad@s.

[*Iolanda Teixeiro Rei, Activista ecoloxista e decrecentista. Unha das organizadoras do primeiro Congreso Galego de Decrecemento que tivo lugar en Ferrol, no mes de outubro deste ano 2018. Articulista e licenciada en Pedagoxía Social pola USC. Profesora de Tai Chi e Chi Kung en Ferrol. No facebook e no twitter. Artigos no Diario de Ferrol e Diario Nós.

Enviado por:
Iolanda Teijeiro
-iolandateixeiro@gmail.com-
16 de outubro de 2020 19:20

_______

Comentarios

Entradas populares de este blog

Aumentan las renuncias de miembros del Gobierno de EE.UU. en protesta por la política de Biden respecto a Gaza | Democracy Now!

Aumentan las renuncias de miembros del Gobierno de EE.UU. en protesta por la política de Biden respecto a Gaza | Democracy Now! Amy Goodman y Denis Moynihan El ataque de Israel contra Gaza ha provocado protestas en todo el mundo, incluido Estados Unidos. Aunque últimamente la atención se ha centrado en las manifestaciones estudiantiles en los campus universitarios, también ha emergido otro movimiento de protesta: el de funcionarios del gobierno de Estados Unidos que se oponen a las políticas estadounidenses que están devastando Gaza y que ofrecen una crítica desde adentro del accionar de su gobierno. A pesar de esta ola de disenso interno, y aunque al mismo tiempo esté pidiendo un alto el fuego en Gaza, el presidente Joe Biden sigue proporcionando armas y cobertura diplomática a Israel. Lily Greenberg Call fue designada por Biden, a principios de 2023, como asistente especial de la jefa de gabinete del Departamento del Interior, pero renunció a su cargo el 15 de mayo de este año. En un...

Elegia rota a Rafael Pillado, amigo, mestre, compañeiro e camarada

Elegia rota a Rafael Pillado, amigo, mestre, compañeiro e camarada Yo no me río de la muerte.  Sin embargo conozco su  blanca casa, conozco su  blanca vestimenta, conozco  su humedad y su silencio.  Claro está, la muerte no  me ha visitado todavía,  y uds. preguntarán: ¿qué  conoces? No conozco nada.  JAVIER HERAUD  “Jamás os dire ADIOS, a vuestra cita no faltare”  Es impagable este día eterno sin cielos troquelados  de una “fe adorable que el destino blasfema”  sin un solo dios verdadero  y sin las jaculatorias del miedo y la amargura  Una bandada roja de manos clandestinas  acompaña esta firme tristeza  sin embargo también ondean manteles blancos  de abrazos comestible  Hoy  un sueño que no duerme  se posa con toda la fatiga del mundo  en los ojos desorbitados de escuchar  como cedes la vida  su sonido de semilla  con el peso justo  la indomable sabiduría...

RSF documenta la represión informativa en el Sahara | Periodistas en Español

RSF documenta la represión informativa en el Sahara | Periodistas en Español ‘Sáhara Occidental, un desierto para el periodismo’, es el primer informe exhaustivo que analiza la situación del territorio convertido en un ‘agujero negro’ informativo. A través de la sección española de Reporteros Sin Fronteras (RSF) se elaboró este documento que ha conseguido, tras muchos años, que el Sahara ocupe un espacio de actualidad en muchos medios españoles. Presentación del informe de RSF sobre Periodismo en el Sáhara. APM Madrid El informe de RSF  repasa de forma exhaustiva la historia de abandono y silencio en los medios internacionales, y especialmente en los españoles; y denuncia la mordaza impuesta a los informadores locales y extranjeros, expulsados sobre el terreno de la antigua colonia española. Como complemento a esta última información, este miércoles 12 ha sido expulsada de El Aaiún, la premiada fotoperiodista española  Judit Prat , quien pretendía impartir unos cursos de ...