Despois da moción de censura, xustiza poética | Ollaparo. O universal é o local sen muros Despois da moción de censura, xustiza poética por Rafael Cid Pedro Sánchez é presidente grazas a un oportuno e ben orquestrado Fuenteovejuna. Unha alianza matrix, co aliciente de botar ao PP das institucións, empolicoulle ao poder deixando ao partido máis votado só, dividido e convalecente das súas innumerables corrupcións. Con ese factor emocional como vento de popa, e se necesidade de presentar un programa de goberno alternativo, o PSOE entrou na Moncloa para devolver a voz á cidadanía “canto antes”. Entendíase que o nominal dos apoios parlamentarios xa non respondía á realidade que a xente expresaba na rúa. O discurso con que o líder socialista armou a súa iniciativa para “rexenerar a democracia” tiña como alicerce fundamental reverter as políticas regresivas do Partido Popular. Un elenco de posibilidades que o propio pretendente non deixou en saco roto durante a súa comparecencia parlamenta
BLOG DE OPINIÓN DA ASOCIACIÓN CULTURAL FUCO BUXÁN