Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2023

AS FOXAS COMÚNS DO CEMITERIO DE O VAL (NARÓN, A CORUÑA).

AS FOXAS COMÚNS DO CEMITERIO DE O VAL  (NARÓN, A CORUÑA). Onte no Cemiterio de O VAL (Narón), onde a nosa Asociación, desde hai 20 anos, cada 14 de abril, lembramos ás vítimas da Ditadura alí soterradas, acompañamos e aportamos a nosa información e a Base de Datos do noso Presidente, Manuel Fernández Pita, a unha equipa de HISTAGRA, Grupo de Investigación da Universidade de Santiago, que acudíu co georadar para tratar de localizar a situación das varias foxas comúns existentes. Estiveron presentes familiares das vítimas interesados na exhumación, os historiadores Xosé Manuel Suárez e Eliseo Fernández, pioneiros na investigación da represión na comarca, o antropólogo forense Fernando Serrulla e outros arqueólogos e técnicos. Durante os anos 1936-37-38, este Cemiterio, recibíu cerca de medio cento de vítimas, entre elas  32 membros da dotación do Acoirazado “España”, e 10 do vapor “Dómine”. De resultar positiva esta investigación de onte e accesible a foxa, poderíase proceder ao levantam