TODOS SOMOS APOSTOLOS ( Apostolos Mangouras : ´Me trataron como a un criminal . El capitán del Prestige ha acusado a España de "extender la contaminación " a lo largo de casi tres mil kilómetros) TODOS SOMOS APOSTOLOS dunha esperanza agredida golpeada dun soño como de lume para compartir a magnífica intemperie na que non hai un só deus que nos escoite só o amigo a amiga que amamos Só nós, os esforzados humanos tallando humanidade en cada momento faremos posible o único soño Ser humanos á altura da humanidade que soñamos Apostoles dunha relixión chea de misterios pero nin un só deus verdadeiro fai tempo que sabemos que os deuses son inhumanos inventos de saqueadores e de seres enfermos Somos patróns das nosas vidas humildes capitáns de barcos alleos coller o temón nas nosas mans e cambiar os camiños para encher con magníficas derrotas os mares dos nosos desexos. Hai que negarse como as aves a seguir os ditames que non sexan do vento xa...
BLOG DE OPINIÓN DA ASOCIACIÓN CULTURAL FUCO BUXÁN