Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como XURXO SOUTO

CARLOS CALLÓN, POEMAS FERIDOS COMO A VIDA MESMA

As pequenas cousas que agradezo: que haxa pequenas citas onde é posible escoitar bocetos do presente e mapas do por vir. Hoxe, por exemplo, foi un presente provechoso, lucido e por momentos, entusiasta e divertido. Escoitar primeiro a Suso, palabras RECORTANDO a silueta de Ferrol, e presentar a CARLOS CALLÓN , o seu libro de poemas "Atravesar o Fantasma" , ao que se sumarán posteriormente Xosé Mª Dobarro Paz e Xurxo Souto para protagonizar unha Mesa-Debate baixo o lema "Vivir en Galego" Todo arroupado polas baladas de Roger de Flor , poñendo melodía, apertura e broche, á reflexión contorna á nosa lingua. Afortunados por uns poemas nas mans da voz do poeta, as súas paisaxes, os escenarios do alma, as batallas, as derrotas, a materia prima dos seus versos. Dobarro píntonos coa súa voz labrada, en grandes trazos, o estado actual do fala que nos funda e espéranos, e aínda é tempo, estou seguro. Claro que estamos a tempo, e mais despues de...