Era previsible que Navantia chegase a esta situación. O goberno do PP acaba de recordarnos que leva dous anos no goberno. Dous anos nos que non moveu un dedo para dotar de carga de traballo ao naval. Esa é a súa responsabilidade. En troques, o seu ¿ministro de industria? foi a Arxentina a resolver os problemas de Repsol. Varas de medir, distintas. ¿Para quen gobernan? Mentras tanto, e tras a marcha do último buque australian, Navantia se queda sen traballo, despois dun goteo de despedimentos dos compañeiros de CC. AA. Nin se molestaron os nosos gobernantes. É certo que non faltaron promesas de solución, sobre todo, durante pasadas campañas electorais. Promesas que veñen “mareando a perdiz” cos traidos, levados e de novo traidos floteis de Pemex. Incluso xogaron falsamente con Reganosa, e coa idea de que os gaseiros poderían ser unha solución, cando xa foran contratados por asteleiros asiáticos. , sen a intervención do goberno e sen que Navantia presentara unha proposta ela...
BLOG DE OPINIÓN DA ASOCIACIÓN CULTURAL FUCO BUXÁN