Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como CACHARELAS

A NOITE DE SAN XOAN

A noite das CACHARELAS voraces cabe no corazón insomne das raparigas en flor Arden os escombros do frío e arden os adeuses mortos Chamas conxuran lumes e lumes conxuran brasas e nos ollos as faiscas do amor Esta noite de albas acesas corre como unha árbore entre risas e os amores sopran pétalos que varren neve e cinzas e hai tempo dabondo sen présas para lavarnos con bicos ata morrervos bailando a pequena morte dos namorados sen preámbulos nin compoñendas que non sexan os de sementar mais bicos Que ardan os fuscusluscos como follas mortas e penas negras. Que soe a noite a albas e que voe a risa entre as túas pernas Novas, raparigas, mulleres e homes anciáns e pícaros brincar entre brasas espantar as cinzas mentres arden as penas E os escombreras do frío Que a noite é curta coa súa lúa de mascaras e belos son os pecados que cometer podemos sen que se ofendan bruxas e trasgos que nesta noite fanse realidad...