XAQUÍN CAMPO FREIRE. XAQUIN DE ROCA. 25-00- 2016. “Eu son”… un outro Balbino. Fun un rapaz da aldea. Coma quen dis un ninguén. E ademais son pensionista. Non teño aforros importantes nin se me perde ren en Panamá. Porén, teño unha moi rica herdanza. Un patrimonio considerábel pero moi vulnerábel: A lingua e cultura galegas. Con elas abrinme ao mundo, a todas as persoas e ás súas linguas e formas de expresión. E son dun pobo e teño un NÓS. Podo dicir que a lingua abre os corazóns e facilita a expresión das emocións máis nidias, sobre todo cando estás a sufrir: Díxenlle “blogodaria”, grazas, en búlgaro e vin como se lle iluminaban aqueles ollos azuis cheos de bágoas. Aquel rapaciño entrara daquela ilegalmente en España. Expulsárono. Volveu clandestinamente. Pillárono e “chupou”, (dirían os das sañudas touradas), “6-SEIS- 6”, anos de prisión día por día. Como gustaría eu de poder falar con cada quén na súa lingua. Polo menos esfórzome. Estou facendo un voluntariado no cárcere e, va...
BLOG DE OPINIÓN DA ASOCIACIÓN CULTURAL FUCO BUXÁN