"O peor da política lingüística da Xunta son os prexuízos que trasladou á sociedade" de Miguel Pardo en Praza Publica.
Lendo a denuncia de Miguel Pardo non podo deixar de apuntar un lamento cheo de indignación: É insoportable a mediocridade que destilan todas as súas medidas, as desta Xunta. Dun modo intolerable as posturas que mantén cara á LINGUA GALEGA.
A actitude que manifestan estes "administradores de miseria" esta empapada de mesquindade sen limite. Iso alcánzanos, ata mais que as medidas en si. Alcánzanos como alcanza a merda a quen a pisa.
É necesario conxurar tanta ruindade como a que mostran coa nosa lingua. Coa ditosa cuestión lingüística. E así empezoña a vida, a política, a sociedade...todo. Pero son mecanismos inscritos na natureza desta dereita servil e miserable.
E esta actitude móstrase en todo o que fan, inevitablemente, sen remedio?
Comentarios
Publicar un comentario
Deixa o teu comentario...