Escrito firmado por Asociación Memoria Histórica Democrática, Asociación Cultural Muinho do Vento, Asociación Cultural Lefre de Caldereta, e Asociación Cultural Fuco Buxán: As asociacións abaixo firmantes, polo presente comunicado facemos un chamamento á veciñanza de Ferrolterra, para que o próximo 21 de outubro acudan a votar para frear as nefastas politicas de recortes impulsadas polo goberno do PP, que xeran máis pobreza, desmantelan o Estado do Benestar e afastan a saida da crise. A cidadanía debe mobilizarse fronte a estas políticas regresivas, que supoñen, no político, un atentado sistemático contra o réxime de liberdades democráticas, en un proceso de involución de corte abertamente fascista. No terreo económico, é urxente e imprescindible acadar unha moratoria no pago da Débeda ata consolidar a recuperación. Facemos pública a necesidade de apoiar electoralmente aos partidos que combaten ás políticas neoliberais, que garanten entre outras as seguintes demandas: 1.-...
BLOG DE OPINIÓN DA ASOCIACIÓN CULTURAL FUCO BUXÁN