A CIG amosa o seu rexeitamento á iminente intervención militar imperialista contra Siria. Denuncia a actitude de EEUU e dos seus aliados, esíxelle ao Estado español que se opoña ao ataque e chama á cidadanía galega a protestar. A Exectutiva Confederal da CIG amosa nun comunicado o seu rexeitamento ante a posíbel e inminente agresión militar imperialista de EEUU e os seus aliados contra os pobos de Siria, reclámalle ao Goberno español que non participe na operación e chama a cidadanía galega a rexeitar na rúa o ataque. COMPOSTELA/28-08-2013 -A CIG rexeita a intervención militar imperialista en Siria e defende a vía pacífica e democrática e a negociación para lograr a resolución dos conflitos respectando sempre a soberanía dos pobos. -Considera que EEUU e os seus aliados están a fabricar mediante a manipulación e a propaganda unha nova mentira para xustificar o ataque, de igual xeito que con anterioridade fixeron coas suposta armas de destrución masiva de Iraq. -Sostén que se tra...
BLOG DE OPINIÓN DA ASOCIACIÓN CULTURAL FUCO BUXÁN