Ir al contenido principal

A CIG amosa o seu rexeitamento á iminente intervención militar imperialista contra Siria.




A CIG amosa o seu rexeitamento á iminente intervención militar imperialista contra Siria.

Denuncia a actitude de EEUU e dos seus aliados, esíxelle ao Estado español que se opoña ao ataque e chama á cidadanía galega a protestar.

A Exectutiva Confederal da CIG amosa nun comunicado o seu rexeitamento ante a posíbel e inminente agresión militar imperialista de EEUU e os seus aliados contra os pobos de Siria, reclámalle ao Goberno español que non participe na operación e chama a cidadanía galega a rexeitar na rúa o ataque.

COMPOSTELA/28-08-2013


-A CIG rexeita a intervención militar imperialista en Siria e defende a vía pacífica e democrática e a negociación para lograr a resolución dos conflitos respectando sempre a soberanía dos pobos.

-Considera que EEUU e os seus aliados están a fabricar mediante a manipulación e a propaganda unha nova mentira para xustificar o ataque, de igual xeito que con anterioridade fixeron coas suposta armas de destrución masiva de Iraq.

-Sostén que se trata doutra agresión imperialista totalmente ilegal ao contravir o dereito internacional, non ter autorización do Consello de Seguranza da ONU nin contar co visto e prace de ningún organismo internacional.

-Esíxelle ao Estado español que non participe nin dea cobertura á operación militar e censura a falta de vontade para artellar mecanismos que posibiliten a resolución democrática dos conflitos e a convivencia dende o respecto á soberanía dos distintos pobos da rexión.

-Denuncia a disposición dos gobernos imperialistas da OTAN e da UE a dilapidar inxentes recursos económicos nunha nova aventura militar ao mesmo tempo en que brutais recortes sociais e laborais son impostos á clase traballadora coa excusa da crise, dos déficits públicos e do aforro orzamentario.

-Finalmente, chama a cidadanía galega a expresar na rúa a súa oposición a esta nova agresión imperialista participando nas concentracións e protestas que se convocarán por todo o país unha vez se produza o ataque.


Siria: conta atrás.

O que persegue o imperialismo é balcanizar o mundo árabe para evitar movementos democráticos, protexer a Israel e quedar cos hidrocarburos e a auga da rexión. Como en Iraq exacerbar o baño de sangue confesional ou como en Libia entregalo aos asasinos das milicias fundamentalistas. O pecado de Siria é non se someter a Washington...

 Estaba cantado desde que Obama falou da súa famosa liña vermella. Había que ser moi inxenuo para non se decatar daquela de que o suposto uso de armas químicas "polo réxime de Assad" sería o pretexto para atacar Siria, equivalente ás inexistentes armas de destrución masiva de Iraq. Que falta de imaxinación! Sempre as mesmas burdas mentiras. Recorden o xa afastado incidente do golfo de Tonkin, trola utilizada por Washington para iniciar a guerra contra o Vietnam heroico.

 Obama e os seus compinches toparon en máis dunha ocasión co veto ruso e chinés no Consello de Seguridade (CS) da ONU, pois ambas as potencias quedaron escarmentadas despois da utilización do seu voto para esmagar Libia. Iso e que Siria é un óso moi duro de roer é o que retardou a intervención directa ianque. Pero a presión de Israel e dos falcóns dobroulle, outra vez, o brazo ao predicador da Casa Branca, arrastrándoo a outra agresión de corte nazi, á marxe do CS e, por conseguinte, do dereito internacional como xa fixo contra Trípoli e fixeron os seus antecesores contra Serbia e Iraq.

 Non hai unha soa proba de que Damasco usase armas químicas no barrio capitalino de Ghuta. A "nova" veu dos escuadróns ianques da morte en Siria, financiados polas democráticas Arabia Saudita, Quatar e demais petromonarquías do Golfo Pérsico. Operan baixo o nome de Exército Sirio Libre e están formados por sucursais de Al Qaeda, como os asasinos de Al Nusra e mercenarios xordanos, iraquís, libios e chechéns, entre outros. É máis, a urxencia do ataque parece responder ao temor de que os recentemente chegados inspectores da ONU emitan un ditame contrario ao discurso machucado sen parar pola cousa mediática.

 Quen minimanente informado pode crer que o presidente Bashar Assad, un político sagaz e curtido, cometa a estupidez de usar armas químicas a só uns quilómetros do hotel onde se aloxan os inspectores da ONU precisamente cando logrou dar a volta ao decorrer da guerra civil ao seu favor?

 O servilismo ante Estados Unidos do multimillonario Cameron e o incoloro Hollande contrasta coa independencia de varios líderes da nosa América, onde os temos da altura de Evo Morales. Cando pretenderon dobregalo no seu voo de regreso a Bolivia púidose apreciar claramente a súa impronta de estadista e confirmar a insignificante caste moral e intelectual de case todos os gobernantes europeos.

 O secretario John Kerry sermonea sobre a "obscenidade moral" de Assad ao usar armas químicas "contra o seu propio pobo". Esquecería Kerry que foi o seu goberno o que facilitou a intelixencia e as fotos de satélites a Saddam Hussein para guiar os seus proxectís con armas químicas contra as tropas iranianas? Esquecería o uso masivo de uranio empobrecido en Faluia (2004) polo seu exército e en Basora polos seus cómplices británicos? En Faluia hoxe nacen nenos sen cabeza, cun só ollo, sen brazos, coas vísceras fóra do ventre, con leucemia. Os nenos de Faluia sofren máis deformacións ao nacer que os seus iguais de Hiroshima e Nagasaky, onde, por certo, Estados Unidos torrou en segundos por centos de miles de civís xaponeses sen ningunha xustificación militar. E logo se inmutou Obama ante o uso de fósforo branco por Israel contra os densamente poboados barrios palestinos de Gaza durante a Operación Chumbo Fundido?

 O señor que ordena persoalmente cada obxectivo dos drones que case sempre matan inocentes non pode virnos con historias de moral e tampouco de democracia cando o propio ex presidente Carter dixo que "Estados Unidos non ten unha democracia funcional".

 O que persegue o imperialismo é balcanizar o mundo árabe para evitar movementos democráticos, protexer a Israel e quedar cos hidrocarburos e a auga da rexión. Como en Iraq exacerbar o baño de sangue confesional ou como en Libia entregalo aos asasinos das milicias fundamentalistas. O pecado de Siria é non se someter a Washington, apoiar a heroica resistencia de Hezbolá e xunto a esta e Irán opoñerse aos plans de dominación imperialista na rexión. Tamén, sementar o veleno terrorista no mundo islámico para o deixar levar ás zonas musulmás de Rusia e China, sosténs do mundo multipolar detestado polos neoconservadores.

 Obama inicia unha irresponsábel e innecesaria provocación contra Moscova, Teherán e Pequín de consecuencias inimaxinábeis.


 [Artigo tirado do xornal mexicano ‘La Jornada’, do 29 de agosto de 2013]

Fonte:  http://www.galizacig.com/avantar/opinion/30-8-2013/siria-conta-atras

Comentarios

Entradas populares de este blog

Elegia rota a Rafael Pillado, amigo, mestre, compañeiro e camarada

Elegia rota a Rafael Pillado, amigo, mestre, compañeiro e camarada Yo no me río de la muerte.  Sin embargo conozco su  blanca casa, conozco su  blanca vestimenta, conozco  su humedad y su silencio.  Claro está, la muerte no  me ha visitado todavía,  y uds. preguntarán: ¿qué  conoces? No conozco nada.  JAVIER HERAUD  “Jamás os dire ADIOS, a vuestra cita no faltare”  Es impagable este día eterno sin cielos troquelados  de una “fe adorable que el destino blasfema”  sin un solo dios verdadero  y sin las jaculatorias del miedo y la amargura  Una bandada roja de manos clandestinas  acompaña esta firme tristeza  sin embargo también ondean manteles blancos  de abrazos comestible  Hoy  un sueño que no duerme  se posa con toda la fatiga del mundo  en los ojos desorbitados de escuchar  como cedes la vida  su sonido de semilla  con el peso justo  la indomable sabiduría...

Aumentan las renuncias de miembros del Gobierno de EE.UU. en protesta por la política de Biden respecto a Gaza | Democracy Now!

Aumentan las renuncias de miembros del Gobierno de EE.UU. en protesta por la política de Biden respecto a Gaza | Democracy Now! Amy Goodman y Denis Moynihan El ataque de Israel contra Gaza ha provocado protestas en todo el mundo, incluido Estados Unidos. Aunque últimamente la atención se ha centrado en las manifestaciones estudiantiles en los campus universitarios, también ha emergido otro movimiento de protesta: el de funcionarios del gobierno de Estados Unidos que se oponen a las políticas estadounidenses que están devastando Gaza y que ofrecen una crítica desde adentro del accionar de su gobierno. A pesar de esta ola de disenso interno, y aunque al mismo tiempo esté pidiendo un alto el fuego en Gaza, el presidente Joe Biden sigue proporcionando armas y cobertura diplomática a Israel. Lily Greenberg Call fue designada por Biden, a principios de 2023, como asistente especial de la jefa de gabinete del Departamento del Interior, pero renunció a su cargo el 15 de mayo de este año. En un...

JUEGO REVUELTO, por Pedro Ferrandez

DE PEDRO FERRANDEZ HOY, día ocho, EL ARTICULO DE LOS LUNES DE PEDRO FERRANDEZ NO PODRÁ LEERSE EN El Diario de Ferrol. Si leis el articulo, desde la primera linea la causa se hace mas que evidente. Y el lamentable estado de las cosas bajo el cual vivimos. AQUÍ LO TENÉIS: JUEGO REVUELTO A veces, la real irrealidad de un periódico como el ABC , con su portada del domingo, causa estupor: “España en pausa, la parálisis política pasa factura”. Luego en un alarde de “responsabilidad” avala su información con que expertos, empresarios, banca y la Unión Europea “alertan” de màs paro, màs todavía, descenso del PIB, fuga de inversiones y una prima, claro, de riesgo inestable. ¡Lo que nos espera si se logra un gobierno de coalición!. Por supuesto, bandera española a toda pàgina. De todas formas habrà que insinuarles a esos sabios del miedo, que fue Rajoy el que no pudo, no quiso intentar otra forma de gobierno “salvador”, y que la mayor inestabilidad es haber despreciado una...