Espazo Ecosocialista cre que existen demasiados intereses en facer fracasar o proceso de emancipación cidadá iniciado coas primaveras arabes. Espazo Ecosocialista considera que a situación que neste momento vive Siria e a rexión é o suficientemente grave como para que as iniciativas internacionais que se tomen vaian encamiñadas cara a paz e non cara a unha nova intervención militar que agravaría a situación, aumentaría o sufrimento da poboación e consolidaría as posicións extremas no conflito. Máis de dous anos de guerra civil en Siria, deixan, por agora, 100.000 mortos e aproximadamente 2 millóns de desprazados. Sen contar cos miles de feridos e as desfeitas causadas nas infraestruturas, nos monumentos artísticos ou no medio ambiente. Informes independentes diversos, desde hai anos, denuncian atrocidades a utilización de armamento químico por ambos bandos. As imaxes coñecidas agora, difundidas polos opositores ao réxime de El Asad, amplificadas polos medios occidentais, amosa...
BLOG DE OPINIÓN DA ASOCIACIÓN CULTURAL FUCO BUXÁN