Xuizo político: Dereitos e liberdades en xogo, ... Por Iolanda Teixeiro Rei - Están en xogo as liberdades civís de todos nós, ... Mañá podes ser ti ou eu - Ártabra 21
Xuizo político: Dereitos e liberdades en xogo, ... Por Iolanda Teixeiro Rei - Están en xogo as liberdades civís de todos nós, ... Mañá podes ser ti ou eu - Ártabra 21 Por Iolanda Teixeiro Rei [*] 17.11.2020 XUIZO POLÍTICO. DEREITOS E LIBERDADES EN XOGO. Hai poucos anos ao abrir un xornal batín cunha nova desacougante. O enxuizamento e condena dun ano de cárcere a unha veciña de Viveiro acusada de algo descoñecido para min, o autoadoutrinamento xihadista. Polo visto, o seu delito era utilizar as redes sociais e o internet para adoutrinarse a si mesma desde a súa vivenda. O que deron en chamar radicalización indirecta. A Sala da Audiencia Nacional considerara atenuante o trastorno de personalidade con trazos de excentricidade que padecía e a escasa potencialidade de cometer un atentado. A sentenza considerara probado que a muller buscara palavras en internet como Santiago, infieis ou destrución. Parece que esas eran as probas que os levaron a pensar que planeara cometer un atentado ...