A noite das CACHARELAS voraces
cabe no corazón insomne
das raparigas en flor
Arden os escombros do frío
e arden os adeuses mortos
Chamas conxuran lumes
e lumes conxuran brasas
e nos ollos as faiscas do amor
Esta noite de albas acesas
corre como unha árbore entre risas
e os amores sopran pétalos
que varren neve e cinzas
e hai tempo dabondo sen présas
para lavarnos con bicos
ata morrervos bailando
a pequena morte dos namorados
sen preámbulos nin compoñendas
que non sexan
os de sementar mais bicos
Que ardan os fuscusluscos
como follas mortas e penas negras.
Que soe a noite a albas
e que voe a risa entre as túas pernas
Novas, raparigas, mulleres e homes
anciáns e pícaros
brincar entre brasas
espantar as cinzas
mentres arden as penas
E os escombreras do frío
Que a noite é curta
coa súa lúa de mascaras
e belos son os pecados
que cometer podemos
sen que se ofendan
bruxas e trasgos
que nesta noite
fanse realidade os desexos
NOITE CURTA PARA SOÑAR ESPERTOS

Comentarios
Publicar un comentario
Deixa o teu comentario...