TODOS SOMOS APOSTOLOS
(Apostolos Mangouras: ´Me trataron como a un criminal. El capitán del Prestige ha acusado a España de "extender la contaminación " a lo largo de casi tres mil kilómetros)
TODOS SOMOS APOSTOLOS
dunha esperanza agredida golpeada
dun soño como de lume
para compartir a magnífica intemperie
na que non hai un só deus que nos escoite
só o amigo a amiga que amamos
Só nós, os esforzados humanos
tallando humanidade en cada momento
faremos posible o único soño
Ser humanos á altura
da humanidade que soñamos
Apostoles dunha relixión chea de misterios
pero nin un só deus verdadeiro
fai tempo que sabemos
que os deuses son inhumanos inventos
de saqueadores e de seres enfermos
Somos patróns das nosas vidas
humildes capitáns de barcos alleos
coller o temón nas nosas mans
e cambiar os camiños
para encher con magníficas derrotas
os mares dos nosos desexos.
Hai que negarse como as aves
a seguir os ditames que non sexan do vento
xamais dobregar o voo
ante a imbecilidad de armador ou goberno
só escoitar a voz
dos que compartimos a liberdade
e xamais nos encartamos ao troquelado medo.
Apóstolos dunha fe feita a man
como a lume que nos convoca este inverno
(Karlotti)
Comentarios
Publicar un comentario
Deixa o teu comentario...