Ir al contenido principal

'Os mínimos pasan por activar o emprego e a participación, por recuperar un Concello de portas abertas' - Praza Pública

COMPROMISO E SENSIBILIDADE
Os mínimos pasan por ahí, pero sobre todo pasan por mostra aos cidadans modos e formas novas, de respeto e consideración, modos novos de escoitar e solucionar os problemas mais inmediatos e cotidians. Dun facer próximo, de que os representantes mostren a súa proximidade aos veciños, e teñan en conta os problemas cotiáns, os pequenos grandes problemas do vivir cada día.
Construír espazos habitables, remediar aquelas urxencias que posibiliten unha vida mais digna, e alivien o sufrimento destes anos de saqueo e pauperizacion permanente.
Escoitar ás persoas, aos colectivos, facerse eco dos problemas, e facilitar que as solucións que están en mans dos cidadáns e cidadás, poden ser levadas a cabo.
E facendo participes a todas aquelas persoas e colectivos que están comprometidos cos cambios.
E ahí temos que estar tod@s botando unha man.
saúde, amig@s e compañeir@s

"Os mínimos pasan por activar o emprego e a participación, por recuperar un Concello de portas abertas"

Marcos Pérez Pena
Jorge Suárez no derradeiro mitin de campaña de Ferrol en Común

orge Suárez no derradeiro mitin de campaña de Ferrol en Común



'Os mínimos pasan por activar o emprego e a participación, por recuperar un Concello de portas abertas' - Praza Pública



Jorge Suárez, cabeza de lista de Ferrol en Común, converterase presumiblemente no novo alcalde da cidade, despois de catro anos de maioría absoluta do PP. Os 6 concelleiros acadados pola formación, sumados aos 5 do PSdeG-PSOE e aos 2 do BNG permiten unha maioría de esquerdas. Falamos con el sobre as prioridade do novo goberno, a necesidade de activación social e as medidas máis urxentes, situando o emprego e a participación da cidadanía como os dous asuntos claves.
Suárez maniféstase esperanzado polo éxito da "unidade popular" nos comicios xerais do outono e nas eleccións ao Parlamento galego do vindeiro ano, recoñece "erros" por non ter presentado unha única papeleta "contra o bipartidismo", tende pontes coa Marea Ártabra e fai un chamamento a que "as distintas forzas políticas teñan intelixencia e xenerosidade e deixen á marxe intereses partidistas". 
Agora que xa tiveches algo de tempo para pensar no sucedido este domingo en Ferrol, que valoración fas do resultado e do camiño que se abre agora? 
O primeiro que me pasa pola cabeza é a confianza que depositou en nós a cidadanía, que demostrou que a resignación se pode converter en indignación. A xente apostou por levar adiante un novo concepto de democracia, unha democracia que estaba secuestrada polo Partido Popular. Temos por diante unha gran responsabilidade, tanto nós coma todas as forzas da esquerda. Ferrol decidiu que quere un goberno de esquerda e agora temos que ter altura de miras e xenerosidade para construír un proxecto común e un goberno estable para os vindeiros catro anos. A estabilidade non é a maioría absoluta e as políticas que atacan as persoas, a estabilidade é isto.
Como será o proceso de conformación dese novo goberno?
O ideal sería que en base aos nosos programas -que en realidade non presentan tantas diferenzas- e con moito respecto á identidade de cada unha das formacións, cheguemos a un acordo de mínimos e a un programa estable para catro anos. Non me gustaría, ademais, que se repetise a experiencia dalgúns gobernos de coalición nalgúns lugares, nos que había dous gobernos paralelos. Non quero un Ferrol con tres gobernos paralelos. Temos que estar todos á altura da situación e do cambio de ciclo que estamos a vivir. Na Coruña, en Compostela, en Madrid ou en Barcelona viuse que a democracia está avanzando cara un novo estadio no que a xente toma a palabra.

Esta cidade leva catro anos de abandono absoluto e de colapso social. Eses mínimos pasan en primeiro lugar por activar o emprego. En segundo lugar a prioridade é activar a participación, recuperar un Concello de portas abertas, un Concello transparente nas contas e transparente nas decisións, conseguindo ademais que a xente se sinta copartícipe desas decisións.Cales serían eses mínimos, eses eixos prioritarios do novo goberno?
Cales deberían ser as primeiras medidas que adopte o novo goberno, as medidas máis urxentes, para as primeiras semanas de xestión?
A primeira medida deberá ser convocar o Consello da Veciñanza, para activar a participación cidadá. En segundo lugar nós levamos no noso programa un plan de choque para loitar contra o desemprego. O emprego vai ser nesta cidade fundamental para recuperar poboación e tamén para solucionar varios dos problemas urbanísticos que temos; no noso programa figuran propostas que rexeneración urbana que crean postos de traballo, comezando pola rehabilitación de inmobles. Tamén propoñemos o impulso do cooperativismo agrario e social para loitar contra o paro. Un Concello pode facer moito máis do que se fixo para xerar emprego directo.
Outras medidas urxentes pasan pola recuperación para a xestión pública de servizos que na actualidade están privatizados e secuestrados. Nesta batalla ímonos enfrontar a xigantes que son chamados mercados, pero que en realidade teñen nomes e apelidos. Vai ser un camiño duro pero hai que ser valentes e recuperar para Ferrol cousas tan importantes coma o lixo e a auga, e outras que se cadra non o parecen tanto, pero que tamén son vitais, coma a axuda no fogar, a xestión cultural ou o socorrismo. O primeiro labor dun Concello de esquerdas é defender o público, porque iso garante defender as persoas e potenciar a economía da cidade, revitalizando as nosas rúas.

Neste tipo de cuestións máis concretas, voume aventurar, porque as decisións en Ferrol en Común, como candidatura de unidade popular, deben ser adoptadas de forma asemblearia. Pero creo, a nivel persoal, que o primeiro que debemos autoimpoñernos é a coherencia. Nós posicionámonos contra a instalación do ascensor da Costa de Mella, así que se está na nosa man paralizar esa obra e destinar eses fondos a outras políticas, farémolo. En canto ao Capuchón, tamén amosamos o noso rexeitamento no seu momento a unha escultura que consideramos innecesaria; agora xa está feita, pero teremos que repensar a súa ubicación: estamos nun estado laico e aconfesional e actuaremos ao respecto.Hai algúns asuntos moi concretos que marcaron a campaña e os meses anteriores ás eleccións. Que vai pasar, por exemplo, co ascensor panorámico da Costa de Mella [un proxecto moi criticado polo seu custe e dubidosa utilidade]? Ou co famoso capuchón[unha estatua de bronce dun neno confrade da Semana Santa, na que o Concello gastou 20 mil euros]?

A loita contra a taxa de saneamento foi fundamental na nosa campaña. Vai ser unha batalla moi dura, que seguramente terá consecuencias a todos os niveis, mesmo chegando a posibles imputacións de alcaldes. Pero non debemos ceder, debemos ser firmes. Imos levar a cabo un saneamento real da ría, con canles separativas, asumindo o Estado o custe da obra, como sempre debeu facer. En canto ao Ateneo, xa nos puxemos en contacto con eles, e reiterámoslles o compromiso que tiñamos de recuperar o seu espazo e recuperar os seus fondos, para que o Ateneo sexa o que debe ser: un espazo de creación de cultura libre e local.Actuará o Concello de forma inmediata contra a taxa de saneamento ou na situación do Ateneo?
Cal debe ser a política do Concello en canto ao sector naval da cidade? Que se pode facer dende o Goberno municipal que ata agora non se facía?
Xa criticamos durante a campaña a actitude covarde e cínica que tivo o goberno saínte con respecto ao naval. O naval é unha reivindicación de cidade, non é unha cuestión máis. Débese fomentar a unión sindical, e o Concello debe defender con firmeza que os traballadores das industrias auxiliares teñan unha condicións laborais dignas, pois están sendo explotados. Iremos onde faga falla, cunha grande unidade detrás, demandando carga de traballo e a construción do dique flotante. Sen dúbidas nin titubeos, e chegando ata o final. O naval debe ser o motor da economía da comarca, pero en paralelo debemos ir desenvolvendo outra política industrial, con investimento directo na nosa cidade, para seguir sendo o polo industrial do norte de Galicia.

Debemos ser autocríticos. Cometemos erros neste proceso. Foi un grande erro que Marea Ártabra non fose a primeira e única marca nesta loita contra o bipartidismo. Abandonamos a Marea porque se converteu nun espazo de confrontación, e nese momento tentamos impulsar un movemento aberto e plural no que a sociedade se sentise representada. Pero para conseguir que este movemento de Ferrol en Común teña continuidade -non só nestes catro anos e non só na política municipal, senón tamén nas eleccións xerais e ao Parlamento Galego, nas que debemos confluír con máis forzas a nivel de país- é fundamental recuperar a hexemonía social. É fundamental que haxa asembleas nas que os cidadáns sexan partícipes das decisións, fuxindo do cupulismo e das decisións adoptadas internamente. Hai que facer un chamamento á Marea Ártabra, para facer esta viaxe xuntos, para que esta unidade popular se converta nun novo poder social.A maioría coa que a esquerda chega ao goberno en Ferrol é axustada. Perdeuse a oportunidade de xerar un movemento máis forte e máis amplo que obtivese unha vitoria máis ampla? Como se pode impulsar un movemento social que dea apoio e defensa ás políticas do novo Goberno?

En Ferrol temos un instrumento, que é Regulamento de Participación Cidadá. É unha ferramenta institucional, pero que utilizada ata as súas últimas consecuencias, si que nos pode facer acadar esa democracia que todos buscamos. De forma que un Consello da Veciñanza sexa quen de decidir e priorizar, con solidariedade entre os distintos barrios e sectores, onde se invisten os recursos públicos. Hai consellos sectoriais, hai foros cívicos e modificaremos a normativa para facilitar as consultas populares. Persoalmente, considérome unha persoa humilde e accesible, veño dunha familia traballadora, e o Concello vai ter as portas abertas a todos e todas.Que instrumentos e accións concretas se poden poñer en marcha para impulsar ese activismo social?
Ferrol sempre foi unha cidade participativa e nos últimos anos todo este movemento social estivo algo viciado, pero máis por enfrontamentos persoais e por unha falta de rexeneración por idade, xente que arrastraba vellos enfrontamentos. A mocidade é unha materia pendente en Ferrol. A propia universidade semella estar á marxe da cidade. En canto a xente se comece a sentir partícipe das decisións que se adopten, isto vai xerar un movemento in crescendo.

Eu estou francamente esperanzado en que esta unidade popular chegue ao goberno de España e de Galicia. O que cómpre agora é que as distintas forzas políticas teñan intelixencia e deixen á marxe intereses partidistas. No meu partido, que á marxe de Ferrol en Común, é Esquerda Unida, creo que deberíamos dar pasos para deixarnos de posicións identitarias e pensar na xente. Se o que queremos é un cambio social, o que cómpre agora é a xenerosidade. Podemos debe ser un compañeiro de viaxe. Dende Ferrol imos facer ese traballo para confluír con Podemos e coas forzas que compoñen AGE e tamén cos movementos sociais. Para que por unha vez gañemos nós.Que valoración fas dos resultados no resto de Galicia e de España, sobre todo pensando nas eleccións xerais de novembro?

Comentarios

Entradas populares de este blog

Elegia rota a Rafael Pillado, amigo, mestre, compañeiro e camarada

Elegia rota a Rafael Pillado, amigo, mestre, compañeiro e camarada Yo no me río de la muerte.  Sin embargo conozco su  blanca casa, conozco su  blanca vestimenta, conozco  su humedad y su silencio.  Claro está, la muerte no  me ha visitado todavía,  y uds. preguntarán: ¿qué  conoces? No conozco nada.  JAVIER HERAUD  “Jamás os dire ADIOS, a vuestra cita no faltare”  Es impagable este día eterno sin cielos troquelados  de una “fe adorable que el destino blasfema”  sin un solo dios verdadero  y sin las jaculatorias del miedo y la amargura  Una bandada roja de manos clandestinas  acompaña esta firme tristeza  sin embargo también ondean manteles blancos  de abrazos comestible  Hoy  un sueño que no duerme  se posa con toda la fatiga del mundo  en los ojos desorbitados de escuchar  como cedes la vida  su sonido de semilla  con el peso justo  la indomable sabiduría  por ejemplo, de amar de pie  sin concesiones  Hoy la ciudad tiene los pies fríos y toda ella es una roja periferia donde nadie

El fin del reinado mundial del petrodólar. (Fragmento de GEAB 72 (febrero 2013) - 2013-2015)

Fragmento de GEAB 72 (febrero 2013) - 2013-2015: El fin del reinado mundial del petrodólar Fragmento de GEAB 72 (febrero 2013) - 2013-2015: El fin del reinado mundial del petrodólar Luego, es muy evidente que el petróleo juega un papel primordial en toda esta historia. Cuando en enero de 2006, en el primer número de GEAB, anticipábamos la caída del Muro del Dólar, la analogía que se hizo fue entre el Muro de Berlín y la Cortina de Hierro que le permitieron al sistema soviético durar mucho tiempo, el Muro del Dólar protege a Estados Unidos. Pero a su vez éste Muro esta cimentado sobre el petróleo, esta materia prima tan estratégica que obliga al planeta a recurrir al USD para procurárselo. Mientras el petróleo se pague en USD, la demanda que se genera asegura el dominio de esta moneda. El hecho que la Unión Europea haya seguido a Estados Unidos en sus sanciones contra Irán, en lugar de pagar su petróleo en EUR, le viene bien. Pero la expansión de las rel

Huevos y Gallinas

Cumple, hoy y aquí, camarada Tovarich, redoble por bucólicas…Que un epigrama amargo sobre cualesquiera infamias nos coja a todos confesados… Me acuso, para el caso,  padrecito, de pertinaz gallina ponedora.   Reconstruiré un difuso recuerdo de mi primera infancia: veraneo en Villarmayor, Nr. Miño; tardes interminables, abrasadas, con olor a hierba recién cortada y manzana reineta. Soy capaz, todavía hoy, de visualizar la escena, cual si de una peli gore se tratase:   Exterior día.- La solana y, allá al fondo, el corral, avispero de plumas llameantes, moscardones zumbando y el estridente cacareo de las gallinas. Por la derecha, aparece un hombre con un hacha. De certero manotazo, se apodera, zas, de una huevona. Sus hermanas- y el gallo de la cresta colorada y dorados espolones -, tras segundo y medio de revuelo, continúan su  picoteo en busca de gusanos deslucidos. La cámara, en lento travelling, sigue al hombre del hacha, que, con su Mª Antonieta agarrada