Ai, escribas e fariseos...!: A Santa Semana ferrolá
“Gardádevos dos sabios que gustan de andar con paramentos longos e recibir saúdos nas prazas, e os primeiros asentos nas sinagogas e os primeiros sitios nos banquetes; que devoran os bens das viúvas e finxen rezar moito” (Marcos 12)
Parece que as confrarías de Ferrol son un novo suxeito político. Non para manifestar o seu desalento por ese case 20% de xente en risco de exclusión social. Non para clamar ao ceo cando Rey Varela decidiu gastar 20.000 € nunha estatua dun confrade nunha cidade cun 30% de desemprego e na que 30 de cada 100 persoas están en carencia material severa. Aparecen agora ameazando coa “folga de procesións” se o concello non aporta os cartos que o pasado ano a anterior corporación aportou as confrarías.
As confrarías menten cando falan do motivo da folga. O concello non negou financiamento (cedendo na súa postura inicial que era non achegar cartos a ningunha manifestación relixiosa), dixo que era mellor completar eses cartos con outras administracións e que o Concello achegará os cartos restantes. O máis rechamante é que estas confrarías dan por feito que unha parte do presuposto do concello ten que ir para eles.As confrarías consideran necesario e preciso que nunha cidade en “emerxencia social” o concello achegue 75.000 € para a súa manifestación de idolatría relixiosa. Non habería mellor mostra dese “amor a deus” que din procesar doando eses cartos a familias sen recursos? Ou o amor aos cartos din que é amor a deus? ¿Falaremos daqueles comerciantes expulsados do templo? Non ten suficientes privilexios a Igrexa católica en España como para por enriba pagar as súas procesións?
É importante subliñar que estas confrarías, que esixen e cren ter por “dereito propio” cartos de todos as ferrolás e ferroláns (con independencia do noso credo), están intervidas polo bispado, por irregularidades nas súas contas (por gastos sen xustificar). Pero aínda así esixen cartos públicos para “gastos” que van a fondo perdido. A democracia debe ser menos esixente que a igrexa?
A confraría de Dolores, unha das máis importantes da Semana Santa ferrolá, leva intervida polo bispado dende 2009. Mesmo caso o da confraría das Angustias, un feito do que falaba un coñecido artigo na publicación Interviú o pasado ano. Esta publicación falaba dun censo inflado; xustificantes de pagamento dobres, floristas que non existían; xustificantes de pagamentos emitidos días antes do gasto…
No pleno municipal da semana pasada, no que o goberno local e o BNG votaron en contra de que Concello achegue na súa totalidade os 75.000 euros ás confrarías (a proposta do PP), ameazan con suspender todas as procesións. Fan folga de credo? O importante son os cartos ou honrar a deus?Que unha agrupación ou entidade relixiosa faga unha chantaxe pública a un goberno elixido de xeito democrático é máis propio degánsters que de xente piadosa. Non só queren dispoñer das rúas toda unha semana, senón tamén dos nosos cartos.
Unha vez rematado o pleno as confrarías convocaron unha rolda de prensa para dicir que non sacan “beneficios” da Semana Santa. Non é para menos tendo en conta que é unha manifestación da súa fe. Nesa mesma rolda de prensa din que “esperan que a postura do concello non sexa ideolóxica”. Pero a postura das confrarías non parece que obedeza a motivos relixiosos, senón económicos e ideolóxicos, poñendo en xaque ao goberno municipal con ameazas e chantaxes.
Pero neste festa como non, non podían faltar o PP e a Asociación de Empresarios de Hostalaría. O PP leva meses na cidade facendo campaña para “defender” a Semana Santa (que en ningún caso está en perigo). Non vimos ao novo conselleiro de política social tan preocupado polas familias desafiuzadas, as colas na cociña económica, as miles de familias en Ferrol con todos os seus membros en desemprego... Cuestión de prioridades?
Os hostaleiros da cidade tamén colaboran nesta festa. Nun comunicado tamén dispoñen dos nosos cartos e din que a Semana Santa “non é única e en exclusiva un acto relixioso” De verdade? Por que non achegan os hostaleiros os cartos se tan devotos son?
Non podemos entender como normal que cada ano parte dos impostos dos cidadáns (con independencia do noso credo) teñamos que aportar cartos para unha manifestación relixiosaNon podemos entender como normal que cada ano parte dos impostos dos cidadáns (con independencia do noso credo) teñamos que achegar cartos para unha manifestación relixiosa, nin tampouco entender como normal que nun Estado aconfesional as institucións participen en ofrendas florais de carácter relixioso, ou que os actos das Forzas Armadas e da xefatura do Estado español tamén sexan de carácter relixioso (católico en concreto). Onde está o Estado aconfesional?
Pasados 35 años dos acordos coa Santa Sé, os privilexios adquiridos pola igrexa católica oficial permanecen no económico e no tributario. A igrexa católica en España, no aspecto económico e por deducións tributarias recibe do Estado máis de 11.000 millóns de euros ao ano. Nos últimos 10 anos ten a propiedade, polo sistema de “inmatriculacións”, máis de 4.500 propiedades públicas, entre elas a Mezquita de Córdoba, coa complicidade dos poderes públicos. E aínda por enriba temos que subvencionar as súas “procesións”.
“Insensatos e cegos! Que é máis importante, o ouro, ou o Santuario que fai sagrado o ouro? [...]«Ai, escribas e fariseos hipócritas, que pagade a décima da menta, do aneto e do comiño, e deixades de lado o máis importante da Lei: a xustiza, a misericordia e a fe!” (Mateo 23:23)
Aumentan las renuncias de miembros del Gobierno de EE.UU. en protesta por la política de Biden respecto a Gaza | Democracy Now! Amy Goodman y Denis Moynihan El ataque de Israel contra Gaza ha provocado protestas en todo el mundo, incluido Estados Unidos. Aunque últimamente la atención se ha centrado en las manifestaciones estudiantiles en los campus universitarios, también ha emergido otro movimiento de protesta: el de funcionarios del gobierno de Estados Unidos que se oponen a las políticas estadounidenses que están devastando Gaza y que ofrecen una crítica desde adentro del accionar de su gobierno. A pesar de esta ola de disenso interno, y aunque al mismo tiempo esté pidiendo un alto el fuego en Gaza, el presidente Joe Biden sigue proporcionando armas y cobertura diplomática a Israel. Lily Greenberg Call fue designada por Biden, a principios de 2023, como asistente especial de la jefa de gabinete del Departamento del Interior, pero renunció a su cargo el 15 de mayo de este año. En un...
Elegia rota a Rafael Pillado, amigo, mestre, compañeiro e camarada Yo no me río de la muerte. Sin embargo conozco su blanca casa, conozco su blanca vestimenta, conozco su humedad y su silencio. Claro está, la muerte no me ha visitado todavía, y uds. preguntarán: ¿qué conoces? No conozco nada. JAVIER HERAUD “Jamás os dire ADIOS, a vuestra cita no faltare” Es impagable este día eterno sin cielos troquelados de una “fe adorable que el destino blasfema” sin un solo dios verdadero y sin las jaculatorias del miedo y la amargura Una bandada roja de manos clandestinas acompaña esta firme tristeza sin embargo también ondean manteles blancos de abrazos comestible Hoy un sueño que no duerme se posa con toda la fatiga del mundo en los ojos desorbitados de escuchar como cedes la vida su sonido de semilla con el peso justo la indomable sabiduría...
El Estado uruguayo comenzó a actuar en forma ilegítima desde la década del 60, cuando obreros y estudiantes enfrentaban una brutal represión. A partir del 27 de junio de 1973 el golpe institucional se consagra con la disolución del Parlamento, llevada a cabo por Juan María Bordaberry, que pasaría de Presidente de la República a dictador. A partir de ahí se ejerció ferozmente la violencia sistemática y generalizada donde se utilizó la fuerza de las armas y la anulación de los derechos de los ciudadanos, incluso el más básico: el derecho a la vida. Toda la sociedad, de una manera u otra, fue atrapada por las garras de la dictadura, salvo, aquellos que fueron cómplices o se beneficiaron con ella. La disolución de las Cámaras fue enfrentada por los trabajadores, los estudiantes universitarios y los sectores populares de todo el país. La misma madrugada que se gesta el golpe, la respuesta de la CNT no se hizo esperar, lanzó un manifiesto llamando a la ocupación de los lugares de trabajo...
Comentarios
Publicar un comentario
Deixa o teu comentario...