Ir al contenido principal

LETRAS GALEGAS 2017 PARA O PROFESOR CARVALHO CALERO (1910-1990)

   


   LETRAS GALEGAS 2017 PARA O PROFESOR  CARVALHO CALERO  (1910-1990)
Don Ricardo Carvalho Calero  (1910-1990) recibiu na súa natal cidade de Ferrol a súa primeira homenaxe pública en 1981, acto no que quedou manifesto a “Súa fidelidade á causa de recuperar para o seu país a súa propia cultura.” Seguiron outras homenaxes, foi nomeado fillo predilecto de Ferrol en 1990, unha rúa, un centro de ensino e outro cultural desa cidade levan o seu nome. En 1996 o Parlamento galego nomeouno Fillo Ilustre de Galicia, don Ricardo foi obxecto de estudos, simposios e congresos. Por primeira vez no ano  2008 Francisco Fernández del Riego propuxo á RAG, como seu presidente, a candidatura de Carvalho Calero ás Letras Galegas, mais, en palabras súas, “A proposta non prosperou e ben que o sentín”. Diferentes entidades e persoas reiteraron a candidatura nos anos 2010 e 2013, tamén sen éxito.
No ano 2014 unha comisión, que acadou amplisimos apoios asociativos, particulares e institucionais, teimou en que lle fóra dedicado o Día das Letras Galegas do ano 2015 a D. Ricardo Carvalho Calero, esgrevio galeguista que ao longo de máis de seis décadas desenvolveu un inmenso labor poético, narrativo, ensaístico, xornalístico, académico, lingüístico, docente, ..., a prol de Galiza e da lingua e cultura galegas. Mais don Ricardo Carvalho Calero, o primeiro profesor de galego na Universidade galega, pai lingüístico de varias xeracións, foi vítima (por cuarta vez!!!) dun interesado esquecemento, e a proposta non prosperou. Nesa ocasión escribiu Vicente Araguas “Pasan os anos e manteñen unha vez máis a inxustiza contra un dos maiores e mellores valedores das nosas lingua e cultura galegas”.
Para o ano 2017, sen desmerecer a ninguén, é tempo de que sexan recoñecidos ao fin os grandes méritos do profesor Carvalho Calero por unha Academia na que ingresara o 17 de maio do 1958. Somos teimudos e unha vez máis, neste 2016 reafirmamos que 26 anos andados do seu pasamento,  non pode continuar  “Unha das ausencias máis clamorosas no eido das conmemoracións e homenaxes ás grandes figuras da cultura do país.”
                                  LETRAS GALEGAS 2017 PARA CARVALHO CALERO
      Ferrolterra, Febreiro do 2016.

Para comunicacións e adhesións.- carvalhocalero2017@gmail.com

RICARDO CARVALHO CALERO (Ferrol, 30 de outubro de 1910 - Santiago, 25 de marzo de 1990)

-Membro do Seminario de Estudos Galegos (SEG) dende 1927.
-Publica “Trinatarias”, poesía en español, Ferrol, 1928.
-Publica “En torno a las ideas comunistas de Platón”·, ensaio, Ferrol, 1928.
-Primeiro presidente da Federación Universitario Escolar (FUE) en Compostela, 1931.
-Publica “Vieiros”, poesía, A Coruña, 1931.
-Licenciado en Dereito pola universidade de  Santiago, 1931.
-Membro da Xunta de Goberno da Universidade de Santiago no curso 1931-1932.
-Asinante de varios manifestos a prol dun galeguismo de esquerdas, 1931, 1932, 1933, 1936.
-No Partido Galeguista dende a súa fundación en 1931.
-Coredactor do Anteproxecto de Estatuto de Autonomía de Galiza, 1931.
-Cofundador do Grupo Galeguista de Ferrol, 1932.
-Funcionario do concello de Ferrol, abril de 1933.
-Voda con Mª Ignacia Ramos Díez, outubro do 1933.
-Publica “O silenzo axionllado”, poesía, Santiago, 1934.
-Licenciado en Filosofía e Letras pola universidade de Santiago, xaneiro do 1936.
-Promotor da integración do Partido Galeguista na Fronte Popular, xaneiro do  1936.
-Mitins a prol da Fronte Popular cara as eleccións de febreiro do 1936.
-Compromisario do Partído Galeguista na elección do Presidente da República, maio do 1936.
-Mitins a prol do “SI” no referendum estatutario galego de xuño do 1936.
-Opositor en Madrid a cátedra de instituto, xullo do 1936.
-Miliciano en Madrid na defensa da República no 6º Batallón da 36 Brigada Mixta, agosto do 1936.
-Depurado como funcionario do concello de Ferrol, decembro do 1936.
-Ingreso na Escuela Popular de Guerra do exército republicano (Paterna, Valencia), xaneiro do 1937.
- Destinado como tenente  do exército republicano no exercito de Andalucía, abril do 1937.
-Confirmado polo goberno republicano como profesor de instituto, xullo do 1937.
-Prisioneiro dos franquistas ao fin da guerra, abril do 1939.
-Consello de Guerra: condena a 12 anos e un día por galeguista e oficial republicano. Abril do 1939.
-Liberdade condicional, con prohibición de exercer no ensino público, maio do 1941.
-Clases en academias privadas de ensino, Ferrol, 1942-1949.
-Director do colexio privado Fingoi de Lugo, 1950-1964.
-Publica “Anxo da terra”, poesía, Pontevedra, 1950.
-Cofundador da editorial Galaxia, 1950.
-Publica “A xente da barreira”, novela, Santiago, 1951.
-Publica “poemas pendurados dun cabelo”, Lugo, 1952.
-Doutor en filoloxía románica, Madrid, 1954.
-Membro de número da Real Academia Galega (RAG), 1958.
-Publica “Salterio de Fingoi”, Vigo, poesía, 1961.
-Publica a “Historia da Literatura Galega Contemporánea. I”, ensaio, Vigo, 1963.
-Anulada a sanción política, reoposita en Madrid a profesor de español en bacharelato, 1963.
- Incorpórase como profesor a un instituto de Santiago, 1964.
-Primeiro profesor de galego na universidade de Santiago, 1965.
-Primeira edición (acadou sete) da “Gramática elemental del gallego común”, Vigo, 1966.
-Publica “Sobre lingua e literatura galega”, ensaio, Vigo, 1971.
-Publica “Catro pezas”, teatro, Vigo, 1971.
-Por encargo da RAG elabora as “Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego”, 1971.
-Catedrático de Lingüística e Literatura Galegas da Universidade de Santiago, 1972.
-Publica a “Historia da literatura galega contemporánea (1808-1936)”, ensaio, Vigo, 1975.
-Reedición pola RAG das “Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego”, 1977.
-Publica “Estudos rosalianos”, ensaio, Vigo, 1979.
-publica “Libros e autores galegos-I”, ensaio, A Coruña, 1979.
-Presidente da comisión redactora das “Normas ortográficas do idioma galego”, 1980. Demite.
- Xubilación como catedrático en 1980.
-Publica “Pretérito imperfecto (1927-1961)”, poesía, Sada, 1980.
-Membro de honra da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), 1980.
-Membro fundados da Associaçom Galega da Lingua (AGAL), 1981.
-Publica “Problemas da lingua galega”, ensaio, Lisboa, 1981.
-Reposición honorífica como funcionario do concello de Ferrol, novembro do 1981.
-A Asociación Cultural Medúlio de Ferrol ofrécelle a primeira homenaxe pública, decembro do 1981.
-Publica “Futuro condicional (1961-1980)”, poesía, Sada, 1982.
-Publica “Libros e autores galegos-II”, ensaio, A Coruña, 1982.
-Publica “Teatro completo”, Sada, 1982.
-Publica “A gente da barreira e outras historias”, Santiago, 1982
-Publica “Da fala e da escrita”, ensaio, Ourense, 1983.
-Medalla Castelao da Xunta de Galicia, 1984.
-Publica “Letras Galegas”, ensaio, A Coruña, 1984.
-Rexeita formar parte do Consello da Cultura Galega, 1984.
-Publica “Narrativa completa”, Sada, 1984.
-Presidente do “Congreso Internacional de Estudos sobre Rosalía de Castro”, Santiago, 1985.
-Publica “Cantigas de amigo e outros poemas”, A Coruña, 1986.
-Publica a novela autobiográfica “Scorpio”, Premio da Crítica española, 1987.
-Publica “Escritos sobre Castelao”, ensaio, Santiago, 1989.
Publica “Estudos sobre literatura galega”, ensaio, Sada, 1989.
-Publica “Do galego e da Galiza”, ensaio, Santiago, 1990.
-Publica “Reticencias ... (1986-1989)”, poesía, Santiago, 1990.
-Nomeado Fillo Predilecto de Ferrol, xaneiro do 1990.

*Despois da súa morte foi editado “Unha voz na Galiza. Artigos de xornal (1933-1989)”, 1992.
*Nomeado Fillo Ilustre de Galicia polo Parlamento galego, 1996.

+Proposto como candidato ao Día das letras Galegas dos anos 2008, 2010, 2013, 2015.


      Ferrolterra, febreiro do 2016.
                                    (BMV, O Seixo).




Comentarios

Entradas populares de este blog

Elegia rota a Rafael Pillado, amigo, mestre, compañeiro e camarada

Elegia rota a Rafael Pillado, amigo, mestre, compañeiro e camarada Yo no me río de la muerte.  Sin embargo conozco su  blanca casa, conozco su  blanca vestimenta, conozco  su humedad y su silencio.  Claro está, la muerte no  me ha visitado todavía,  y uds. preguntarán: ¿qué  conoces? No conozco nada.  JAVIER HERAUD  “Jamás os dire ADIOS, a vuestra cita no faltare”  Es impagable este día eterno sin cielos troquelados  de una “fe adorable que el destino blasfema”  sin un solo dios verdadero  y sin las jaculatorias del miedo y la amargura  Una bandada roja de manos clandestinas  acompaña esta firme tristeza  sin embargo también ondean manteles blancos  de abrazos comestible  Hoy  un sueño que no duerme  se posa con toda la fatiga del mundo  en los ojos desorbitados de escuchar  como cedes la vida  su sonido de semilla  con el peso justo  la indomable sabiduría  por ejemplo, de amar de pie  sin concesiones  Hoy la ciudad tiene los pies fríos y toda ella es una roja periferia donde nadie

El fin del reinado mundial del petrodólar. (Fragmento de GEAB 72 (febrero 2013) - 2013-2015)

Fragmento de GEAB 72 (febrero 2013) - 2013-2015: El fin del reinado mundial del petrodólar Fragmento de GEAB 72 (febrero 2013) - 2013-2015: El fin del reinado mundial del petrodólar Luego, es muy evidente que el petróleo juega un papel primordial en toda esta historia. Cuando en enero de 2006, en el primer número de GEAB, anticipábamos la caída del Muro del Dólar, la analogía que se hizo fue entre el Muro de Berlín y la Cortina de Hierro que le permitieron al sistema soviético durar mucho tiempo, el Muro del Dólar protege a Estados Unidos. Pero a su vez éste Muro esta cimentado sobre el petróleo, esta materia prima tan estratégica que obliga al planeta a recurrir al USD para procurárselo. Mientras el petróleo se pague en USD, la demanda que se genera asegura el dominio de esta moneda. El hecho que la Unión Europea haya seguido a Estados Unidos en sus sanciones contra Irán, en lugar de pagar su petróleo en EUR, le viene bien. Pero la expansión de las rel

Huevos y Gallinas

Cumple, hoy y aquí, camarada Tovarich, redoble por bucólicas…Que un epigrama amargo sobre cualesquiera infamias nos coja a todos confesados… Me acuso, para el caso,  padrecito, de pertinaz gallina ponedora.   Reconstruiré un difuso recuerdo de mi primera infancia: veraneo en Villarmayor, Nr. Miño; tardes interminables, abrasadas, con olor a hierba recién cortada y manzana reineta. Soy capaz, todavía hoy, de visualizar la escena, cual si de una peli gore se tratase:   Exterior día.- La solana y, allá al fondo, el corral, avispero de plumas llameantes, moscardones zumbando y el estridente cacareo de las gallinas. Por la derecha, aparece un hombre con un hacha. De certero manotazo, se apodera, zas, de una huevona. Sus hermanas- y el gallo de la cresta colorada y dorados espolones -, tras segundo y medio de revuelo, continúan su  picoteo en busca de gusanos deslucidos. La cámara, en lento travelling, sigue al hombre del hacha, que, con su Mª Antonieta agarrada