Ir al contenido principal

Cada día suicídase polo menos unha persoa na Galiza. - Xaquín Campo Freire.

O xoves pasado non me foi posíbel ir á Praza de Armas de Ferrol a unirme a esas “Badaladas pola prevención do suicidio”.

Como traballador da sanidade pública tocoume ben veces achegarme a ese triste e real escenario e ser testemuña directa deste drama persoal, familiar, social e comunitario. Logo, todo se sume no silencio e o tempo aparentemente segue coma se nada. E diso xa está prohibido falar.

Na miña condición de sacerdote e experto en relación de axuda nos grandes intres de dor tamén tiven que acompañar persoas e familias que sufriron a perda de seres moi queridos nesas circunstancias.

Que difícil sandar esas feridas fondas no máis profundo da alma e da vida! Non ter xa nunca unha resposta minimamente explicativa para esa pregunta que aló no íntimo de cadaquén estará continuamente martelando nos miolos e, ademais, non se quere ou non se pode falar: Por que? Por que? Por que? Que nunca che toque na familia!

Engádese ademais a maldita autoculpabilización da que tan difícil é liberarse: En que fallei? Que fixen de malo? E se non dixese aquela frase aquel día, ou fixese aquilo outro. Se non a deixase soa ou só. Se eu fose menos esixente, ... , cambiaría a situación? E se, ou se, etc.? Os infinitos “e se”, que me rebentan a cabeza e non me deixan acougar na conciencia por máis que me aconsellen ou me intente auto convencer que non fun eu quen determinou esa decisión.

E non digamos se algún imprudente fala, deixa caer ou mesmo insinúa: “Xa se vía vir”.

O problema do suicidio non se aborda en serio fóra das consabidas frases fatalistas, que repetimos como diagnósticos dogmáticos, aforrándonos así o traballo de confrontármonos con algo eminentemente doloroso e desagradábel. A verdade é que lle  temos medo.

O medo. Outro sentimento ou emoción que non queremos verbalizar. Preferimos sumir todo na escura sombra junguiana onde nese subconsciente persoal ou colectivo afogamos xa para sempre ese problema. Pero por ese camiño iremos sempre a ningures.

Velaquí un chamamento a todos nós que nos interpela para apoiar unha causa e ir na procura de solucións estruturais nas que ninguén está da parte de fóra, nin persoal, nin familiar, nin socialmente. Abrangue a persoas e institucións, a grupos e colectividades.

“As recomendacións da OMS afirman que o suicidio pode previrse eficazmente e, por iso, apostan polo obxectivo de reducir en cada país nun 10% para o ano 2020 o número de mortes por esta causa. Imperativamente chama aos Gobernos a liderar e a desenvolver Plans de Prevención do Suicidio”

Os datos seguites está recollidos literalmente de diversos xornais destes días pasados:

  • Galiza padeceu desde sempre elevadas taxas de suicidio e sitúa o noso país no marco dun "grave problema de saúde pública".

  • “Cada día suicídase polo menos unha persoa na comunidade autónoma, rexistrándose 394 mortes deste tipo no 2014”. Unha cifra que non deixou de medrar desde 2010 pasando de 275 a 371 en apenas catro anos. A taxa de suicidios na Galiza sitúase en 11,85 por cada 100 mil habitantes”.

  • “Lugo está á cabeza do ránking de suicidios cunha taxa en 2015 de 17,08 por cada 100 mil habitantes, fronte aos 11,85 da media galega”.

  • O MGSM advirte: "as políticas desenvolvidas polo Goberno Central e a Xunta de Galiza fronte á crise desprotexeron a sectores sociais vulnerábeis incrementando o risco de  suicidio na sociedade"

  • "Son especialmente importantes:
    •  a carencia de políticas activas de emprego,
    •  un elevadísimo paro prolongado
    •  a redución da protección social
    •  o deterioro da sanidade pública,
    •  o debilitamento da Atención Primaria de Saúde en particular,
    •  a tolerancia gobernamental coa banca,
    •  a súa agresividade respecto ao cobro dos préstamos hipotecarios
    •  a conseguinte vaga de desafiuzamentos". Etc.

  • “O Movemento Galego da Saúde Mental, (MGSM), iniciou o pasado 3 de maio a campaña Badaladas pola prevención do suicidio, coa finalidade de sensibilizar á sociedade fronte a esta cuestión, e para reclamar o cumprimento das obrigas que os gobernantes teñen coa protección da saúde e da vida da poboación”.

Badaladas pola prevención do suicidio concluíu esta quinta feira con concentracións  simultáneas en Ferrol, A Coruña, Lugo, Compostela, Ribeira, Pontevedra, Cangas, Vigo e Ourense onde se escoitou unha badalada coa que lembrar as persoas mortas. Urxe un Plan de prevención.

Cáritas, Pastoral da Saúde e Pastoral Penitenciaria de forma moi documentada, seria e  axeitadamente véñense achegando desde hai moitos anos a esta problemática. Pero fican certamente desbordados porque atinxe globalmente a todos os sistemas implicados.

O Papa Francisco falou varias veces deste asunto co gallo do Ano Santo da  Misericordia. E mesmo actuou con moita empatía nalgún caso do persoal do mesmo Vaticano.

Se este problema é grave na sociedade, no cárcere, nos cárceres do mundo, estes berros traspasan todos os aramados e concertinas. Non os estás a escoitar? O 80 % dos  reclusos, din as estatísticas, sofren trastornos psíquicos e ese non é o lugar para tratalos adecuadamente. Son enfermos e non delincuentes, por máis que cometesen actos delituosos. Disto falarei máis especificamente noutra ocasión

Como dixo Castelao: Ninguén sobra. Vinde todos traballar á obra. O xoves pasado non  me foi posíbel ir á Praza de Armas de Ferrol a unirme a esas Badaladas pola prevención do  suicidio. Esta é a miña badalada de adhesión persoal á causa que tan fortemente nos está  urxindo a todos.


XAQUÍN CAMPO FREIRE.
 MANDIÁ-FERROL, 03-07- 2016.


Comentarios

Entradas populares de este blog

Elegia rota a Rafael Pillado, amigo, mestre, compañeiro e camarada

Elegia rota a Rafael Pillado, amigo, mestre, compañeiro e camarada Yo no me río de la muerte.  Sin embargo conozco su  blanca casa, conozco su  blanca vestimenta, conozco  su humedad y su silencio.  Claro está, la muerte no  me ha visitado todavía,  y uds. preguntarán: ¿qué  conoces? No conozco nada.  JAVIER HERAUD  “Jamás os dire ADIOS, a vuestra cita no faltare”  Es impagable este día eterno sin cielos troquelados  de una “fe adorable que el destino blasfema”  sin un solo dios verdadero  y sin las jaculatorias del miedo y la amargura  Una bandada roja de manos clandestinas  acompaña esta firme tristeza  sin embargo también ondean manteles blancos  de abrazos comestible  Hoy  un sueño que no duerme  se posa con toda la fatiga del mundo  en los ojos desorbitados de escuchar  como cedes la vida  su sonido de semilla  con el peso justo  la indomable sabiduría  por ejemplo, de amar de pie  sin concesiones  Hoy la ciudad tiene los pies fríos y toda ella es una roja periferia donde nadie

El fin del reinado mundial del petrodólar. (Fragmento de GEAB 72 (febrero 2013) - 2013-2015)

Fragmento de GEAB 72 (febrero 2013) - 2013-2015: El fin del reinado mundial del petrodólar Fragmento de GEAB 72 (febrero 2013) - 2013-2015: El fin del reinado mundial del petrodólar Luego, es muy evidente que el petróleo juega un papel primordial en toda esta historia. Cuando en enero de 2006, en el primer número de GEAB, anticipábamos la caída del Muro del Dólar, la analogía que se hizo fue entre el Muro de Berlín y la Cortina de Hierro que le permitieron al sistema soviético durar mucho tiempo, el Muro del Dólar protege a Estados Unidos. Pero a su vez éste Muro esta cimentado sobre el petróleo, esta materia prima tan estratégica que obliga al planeta a recurrir al USD para procurárselo. Mientras el petróleo se pague en USD, la demanda que se genera asegura el dominio de esta moneda. El hecho que la Unión Europea haya seguido a Estados Unidos en sus sanciones contra Irán, en lugar de pagar su petróleo en EUR, le viene bien. Pero la expansión de las rel

Huevos y Gallinas

Cumple, hoy y aquí, camarada Tovarich, redoble por bucólicas…Que un epigrama amargo sobre cualesquiera infamias nos coja a todos confesados… Me acuso, para el caso,  padrecito, de pertinaz gallina ponedora.   Reconstruiré un difuso recuerdo de mi primera infancia: veraneo en Villarmayor, Nr. Miño; tardes interminables, abrasadas, con olor a hierba recién cortada y manzana reineta. Soy capaz, todavía hoy, de visualizar la escena, cual si de una peli gore se tratase:   Exterior día.- La solana y, allá al fondo, el corral, avispero de plumas llameantes, moscardones zumbando y el estridente cacareo de las gallinas. Por la derecha, aparece un hombre con un hacha. De certero manotazo, se apodera, zas, de una huevona. Sus hermanas- y el gallo de la cresta colorada y dorados espolones -, tras segundo y medio de revuelo, continúan su  picoteo en busca de gusanos deslucidos. La cámara, en lento travelling, sigue al hombre del hacha, que, con su Mª Antonieta agarrada