Ir al contenido principal

O CABALO DE SANTIAGO, NO PAZO DE RAXOI, ÉRGUESE AOS PÉS INDIGNADO - Xaquín Campo Freire

XAQUÍN CAMPO FREIRE. NARÓN. 26-07-2016.

Por que meter e facer responsábel ao Apóstolo das nosas propias desfeitas? Voume referir só a lingua e cultura galegas.
Señor Santalices, lin atentamente o seu solemne discurso. Nada mal fixo Santiago, o Apóstolo, para irlle afear publicamente a conduta e que teña que vir arranxar algo neste asunto. 
Todo o seu grupo actual, principalmente  o señor Feijoo, D. Jesús Vázquez,  D. Anxo Lorenzo, etc, queimaron miles libros en lingua galega para o ensino. Santiago non é culpábel. 
Foi o señor Feijoo o que entrou berrando como cabalo de Atila que devastaría o decreto da lingua galega elaborado por don Manuel Fraga co consenso de todos. Santiago non é culpábel. 
Ben axiña impuxo o señor Feijoo o “decretazo” que arruinou, desprestixiou e fixo desaparecer na práctica a lingua das esferas oficiais e mesmo en áreas do ensino e introxectou nas conciencias das xeracións novas e vellas a idea suicida de que o noso non vale para nada. A tal grao, que mesmo mereceu a censura das máis prestixiosas institucións da Galiza, da Europa e do mundo cultural universal. Cantas mentiras altisonantes propagaron a cotío¡ E cantos euros¡ Santiago non é culpábel. 
Envolveuse na bandeira galega para chorar sensibleiras bágoas oportunistas en momentos solemnes coma se de cativos malcriados ou adolescentes inmaturos se tratase. Santiago non é culpábel. 
 Bilingüismo harmónico, da man desa muller que defende a mesma miseria cultural na chamada Galicia Bilingüe, que nin é Galicia nin sequera é monolingüe nun correcto castelán. Que bonitos aparecen nas fotografías das hemerotecas eses abrazos solidarios na causa do demérito á lingua! Son os militantes da máxima categoría na persecución e eliminación dela.E aí, todos nós, coma pampas testemuñas e consentidores culpábeis. Vemos  a miseria cultural na que nos meten e temos que dicir que chove. Santiago non é culpábel.  
 Señor Santalices, veñen agora con esa andrómena de que Santiago nos bote unha man. E todos anuentes na Catedral dicindo: amén!
Non lles parece unha profanación, non xa da catedral, senón do pobo a quen representan? Que hipocrisía maiúscula! Non estarán a facer electoralismo para “dummies” valéndose ata da relixión?  
Cando teñen todo o poder nas mans fai falta ser mixiricas abondo para dicir solemnemente: Señor Santiago “é moito o que pido e pouco o que somos quen de ofrecer”.
Vennos vostede hoxe con esas milongas? Non, señor Santalices. Por iso non pasa nin o cabalo de Santiago do Pazo de Raxoi. Non me estraña que se erga aos pés de diante alporizado, enrabechado.

Vostede, Presidente do Parlamento,  o señor Presidente do goberno e  a Xunta en pleno, e moitos outros que saíron nas fotos, teñen o poder, a tixola e o mango. Vostedes levan gobernado oito anos e insistindo na teima da destrución de todo o nós colectivo e calumniándonos a todos, dicindo que nos negamos a abrírmonos ao mundo universal, Non lles parece unha blasfema política?
Fomos nós, pobo común, quen nos botamos ao mundo e á emigración. Quen levamos a lingua e a cultura galegas polo mundo adiante. E como pobo común, nós e os devanceiros, creamos e conservamos a nosa identidade nos intres máis duros da nosa historia.
Se se erguen todos eses  que vostede citou, e os que adrede silenciou, (digamos Bóveda), non terían algo moito que dicirnos á cara? Vostedes, que estaban alí todos xuntos na catedral non lles parece unha falta de ética común, social e colectiva? Nós, coma o servo infiel e nugallán do evanxeo enterramos o denario, o talento, e logo discursamos. Hai un baleiro de auténticos valores e de coherencia.
E pídelle á Igrexa: “fago votos para que a Igrexa galega –clero e laicos– en comuñón coa Igrexa universal, manteña e acentúe a súa sensibilidade respecto ao idioma e a cultura que nos identifican como pobo, participando activamente na tarefa común de defender, mellorar e estender ese legado inigualable”.
Non me estraña que ata o cabalo branco de Santiago rinche e nos chame a todos hipócritas e mentireiros.  E que debera facer falta pedirlle iso a igrexa? Se hai que pedirllo é que está a traizoar ao pobo galego.
Cando todos nós fomos metendo no baúl das miserias o Concilio Galego, que deixou claro dabondo a postura desa Igrexa, vimos agora todos xuntos, e digo todos, a laiarnos para seguirmos na meirande das inconsecuencias. Xa. Pedímosllo a Santiago pero para seguir a peor.

Penso que xa é tempo de anoxarnos e mirármonos todos no cabalo branco de Santiago que rebrinca encabuxado no Pazo de Raxoi e se ergue aos pés de diante para dicirnos, como pobo: Nunca máis! Nin como políticos nin como crentes me volvades con esas andrómenas e pantomimas. A que vindes á Catedral? 
Esa relixión que vostede discursou, señor Santalices, non é a fe de Xesús, o  Cristo. Nin sequera a do Concilio Galego. Ese discurso non ten a categoría do Apóstolo. É simplemente un armadillo para cubrir expediente.

Pero é que nin politicamente é correcto. Santiago non vai facer o que temos que facer nós. Salvo botarnos á cara as preguizas e malas prácticas.  “Non quen di: Señor!, Señor!, entrará no reino dos ceos, senón quen cumpre a vontade de Deus”. Xa abonda de mentiras e de pregarias ocas e baleiras.  Que razón tiña Curros: “Se este é o mundo que eu fixen,...,”.

 E a Igrexa, todos nós, examinemos moi seriamente cal é a nosa responsabilidade, que certamente é grande desde hai ben séculos. Con luces e sombras.
O discursiño é unha interpelación forte en moitos sentidos. Eu limiteime á lingua e á cultura. Corresponderalles a outros as cumpridas análises noutros eidos, por exemplo no social ou Angrois. Entre todos completamos as teselas deste amplo mosaico.
O cabalo de Santiago, no Pazo de Raxoi. érguese aos pés indignado. 

Comentarios

Entradas populares de este blog

Aumentan las renuncias de miembros del Gobierno de EE.UU. en protesta por la política de Biden respecto a Gaza | Democracy Now!

Aumentan las renuncias de miembros del Gobierno de EE.UU. en protesta por la política de Biden respecto a Gaza | Democracy Now! Amy Goodman y Denis Moynihan El ataque de Israel contra Gaza ha provocado protestas en todo el mundo, incluido Estados Unidos. Aunque últimamente la atención se ha centrado en las manifestaciones estudiantiles en los campus universitarios, también ha emergido otro movimiento de protesta: el de funcionarios del gobierno de Estados Unidos que se oponen a las políticas estadounidenses que están devastando Gaza y que ofrecen una crítica desde adentro del accionar de su gobierno. A pesar de esta ola de disenso interno, y aunque al mismo tiempo esté pidiendo un alto el fuego en Gaza, el presidente Joe Biden sigue proporcionando armas y cobertura diplomática a Israel. Lily Greenberg Call fue designada por Biden, a principios de 2023, como asistente especial de la jefa de gabinete del Departamento del Interior, pero renunció a su cargo el 15 de mayo de este año. En un...

Elegia rota a Rafael Pillado, amigo, mestre, compañeiro e camarada

Elegia rota a Rafael Pillado, amigo, mestre, compañeiro e camarada Yo no me río de la muerte.  Sin embargo conozco su  blanca casa, conozco su  blanca vestimenta, conozco  su humedad y su silencio.  Claro está, la muerte no  me ha visitado todavía,  y uds. preguntarán: ¿qué  conoces? No conozco nada.  JAVIER HERAUD  “Jamás os dire ADIOS, a vuestra cita no faltare”  Es impagable este día eterno sin cielos troquelados  de una “fe adorable que el destino blasfema”  sin un solo dios verdadero  y sin las jaculatorias del miedo y la amargura  Una bandada roja de manos clandestinas  acompaña esta firme tristeza  sin embargo también ondean manteles blancos  de abrazos comestible  Hoy  un sueño que no duerme  se posa con toda la fatiga del mundo  en los ojos desorbitados de escuchar  como cedes la vida  su sonido de semilla  con el peso justo  la indomable sabiduría...

La impunidad a los 43 años del Golpe de Estado de Uruguay

El Estado uruguayo comenzó a actuar en forma ilegítima desde la década del 60, cuando obreros y estudiantes enfrentaban una brutal represión. A partir del 27 de junio de 1973 el golpe institucional se consagra con la disolución del Parlamento, llevada a cabo por Juan María Bordaberry, que pasaría de Presidente de la República a dictador. A partir de ahí se ejerció ferozmente la violencia sistemática y generalizada donde se utilizó la fuerza de las armas y la anulación de los derechos de los ciudadanos, incluso el más básico: el derecho a la vida. Toda la sociedad, de una manera u otra, fue atrapada por las garras de la dictadura, salvo, aquellos que fueron cómplices o se beneficiaron con ella. La disolución de las Cámaras fue enfrentada por los trabajadores, los estudiantes universitarios y los sectores populares de todo el país. La misma madrugada que se gesta el golpe, la respuesta de la CNT no se hizo esperar, lanzó un manifiesto llamando a la ocupación de los lugares de trabajo...