Ir al contenido principal

Seriamos sen fala, uns ninguén. - Xaquín Campo Freire



XAQUÍN CAMPO FREIRE, 23-08-2016 

Martes, 25 de maio de 2010. Publiquei algo así: NON TE QUERO!. Pasaron seis anos e hoxe sigo a sangrar pola mesma ferida pero con moito máis sangue perdido e con moita menos esperanza. Por iso SIGO SEN QUERERTE.

Un día presenciei este feito que eu vou relatar en cinco escenas:

“1ª.- Un neno duns catro anos. Soíño, con cara triste e agrimado. Pegadiño a unha parede, con ollos moi abertos, sen bágoas e sen atreverse nin a fuxir do seu lugar habitual de xogo. Así estaba el.

2ª.- Por fronte del, un home duns trinta e cinco anos, cun grupo da súa mesma forma de proceder, (non quero adxectivar), moqueándose del e dicíndolle animaladas que eu non quero reproducir. Non. Non lle ían pegar. Seino.

3ª.- O neno non entendía. Porén no seu corazón e na súa alma de neno de catro aniños sabía que todo aquilo lle producía arrepío. Estaba sendo aldraxado e ameazado na súa dignidade. Iso si o sabía de certo.

4ª.- Eu pasaba por alí e presenciei a escena. Parei e fiteinos de fronte. E de visto que non era dabondo, intervín con severidade contra daquel valentón e dos seus cornáns corifeos.

5ª.- Cando o neno se decatou que alguén saía por el, desde o fondo da súa alma inocente lanzoulle con voz pequeniña o desafío máis grande dun pobre: NON TE QUERO! Só tiña iso.



Ese día comprendín o terríbel que é que alguén te teña que botar do seu mundo afectivo por abusón: NON TE QUERO.

Eu non son político, e non milito en ningunha formación política. Como tampouco son economista, pero sei que no ano 1929 houbo unha grande crise económica mundial que fixo tremer o mundo.

Talvez agora esteamos en algo parecido. Das crises económicas saímos. Con moito sufrimento. Pero saímos. Eu nacín na guerra in-civil e sei a fame que pasamos en España. E da fame e da miseria fomos saíndo. Por máis que das miserias desa guerra aínda fican esqueletos polo monte. Eu sei dalgún. E diso non todo o mundo quere saír.

Sr. Feijoo, eu non son político. Pero eu a vostede téñolle moito medo. Como llo tiven a Don José María Aznar e á súa FAES. Que lle vou facer!

Menos mal que estamos en Europa, senón teríalles verdadeiro pánico. E non por que me leven á pobreza dos cartos.

Téñolle medo, polo que leva feito e arruinado no patrimonio da alma que xa nunca máis vai poder devolver. Canto dano lle fixo á fala que eu herdei dos meus devanceiros!

Xa sei que non teño poder ningún. Nin o quero. Só teño a forza feble, pero infinda, daquel neno inocente: NON TE QUERO.

Non lle discuto para nada a súa chegada democrática ao poder. É o meu Presidente e punto. Pode seguir cen anos se o pobo o reelixe. Pero o patrimonio da alma que vostede nos esnaquizou, coma xabarín nun maizal, xa nunca mo poderá devolver. NON TE QUERO. Desde o fondo da miña afectividade: NON TE QUERO.

Fíxese. Para nada xulgo a súa forma de gobernar que podo estar en desacordo. Pero hai cousas para as que ningunha elección lle pode dar atribucións: “Al rey la hacienda y la vida se ha de dar, pero no el honor, que es patrimonio del alma, y el alma solo es de Dios”.(El Alcalde de Zalamea.- 1642). Róubasme a alma. Róubasme o respiro. NON TE QUERO.

O patrimonio da alma só é de Deus. E vostede non é Deus. Lémbrolle a canción: “Ni de Dios ni de nadie ni tuya siquiera. Libre te quiero”. Esa é a miña fidelidade aos anteriores: “Libertad sin ira”.

Por que, señor valentón con corifeos cornáns, por que me bota contra da parede, desprezando, arruinando a miña liberdade máis nidia de expresión? “Mais son probe e, mal pocado!, a miña terra n’é miña, que hastra lle dan de prestado a beira por que camiña ó que naceu desdichado”. Sabe quen escribiu isto, non si? Pois, NON TE QUERO.

Xa sei que para vostede a falta do meu aprecio, como cidadán, sen máis poder que ser un número insignificante dun DNI, incluso lle fai rir.

Pero a min craváronseme na alma os ollos daquel neno impotente, que tan axiña como puido, á aquel xigantón come nenos, lanzoulle o desafío máis grande do que a alma dun neno é capaz: NON TE QUERO.

Por que esa xenreira tan operativa de vostede contra da lingua? Chegou a tanto que todas as institucións galegas tiveron que reclamarlle respecto perante os tribunais! Haberá algún presidente do mundo que tente afogar a súa lingua e cultura? Haberá algún presidente no mundo que o seu pobo lle teña que pedir respecto reiteradamente?

Xa sei que vostede non entende esta linguaxe patrimonial. Vostede non é pai. Sobre todo non é pai espiritual. Por iso destrúe sen conciencia o noso valor espiritual máis nidio: A fala, a lingua, a expresión, a cultura. Para vostede todo isto son andrómenas, non ten valor. Non ten herdeiros do espírito. Só de cartos. E para os cartos o patrimonio espiritual sempre será un estorbo. Xa sei.

Pero nesa lingua choraron, riron, amaron, naceron e morreron os meus, os nosos. Incluídos os seus. Para vostede isto non vale nada. A vostede os meus non lle doen. Non lle doe nada do deles e non lle doe a súa memoria. Non lle doe a memoria do NÓS. Pero “seriamos sen fala uns ninguén”, dixo Manuel María. E disto non me moverán. “Denantes mortos que escravos”.

Porque para min todo o dos devanceiros son o meu patrimonio espiritual, os meus alicerces nos que asentei, fun medrando e cheguei a hoxe sendo dun NÓS colectivo que me dá identidade no mundo. Para que eu hoxe me mova en diversas linguas do universo, para que eu aprecie toda lingua e cultura, para que eu valore este patrimonio espiritual, para que eu lle poida confesar a vostede hoxe este desasosego, tiveron eles de consumir alma, vida e corazón e mesmo sufrir o “desprezo dos satisfeitos”: Hable usted en cristiano! Canto se me parece vostede a eses! Non debería facerse mirar ese complexo?

Que medo me mete na alma! Véxoo vir cara a min, (estiven varias veces ao seu carón), e descúlpeme, pero percibino DES-ALMADO, (no sentido etimolóxico da verba), SEN ALMA. Coma se lle arrincasen a alma galega. E un presidente ten que ter alma. É o primeiriño de todo. Por iso lle teño medo. E non vale que un día na TV nos choromique en público como facía Bush coa man ao peito. Xa ninguén, nin sequera vostede, me quitarán ese medo. Nunca máis.

A quen lle estamos a vender a nosa alma? Quen nola está a traficar? Sabe vostede quen?

Perdoe. Eu só lle podo dicir coma aquel neno: NON TE QUERO. E SIGO SEN QUERERTE. ”Seriamos sen fala uns ninguén”.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Elegia rota a Rafael Pillado, amigo, mestre, compañeiro e camarada

Elegia rota a Rafael Pillado, amigo, mestre, compañeiro e camarada Yo no me río de la muerte.  Sin embargo conozco su  blanca casa, conozco su  blanca vestimenta, conozco  su humedad y su silencio.  Claro está, la muerte no  me ha visitado todavía,  y uds. preguntarán: ¿qué  conoces? No conozco nada.  JAVIER HERAUD  “Jamás os dire ADIOS, a vuestra cita no faltare”  Es impagable este día eterno sin cielos troquelados  de una “fe adorable que el destino blasfema”  sin un solo dios verdadero  y sin las jaculatorias del miedo y la amargura  Una bandada roja de manos clandestinas  acompaña esta firme tristeza  sin embargo también ondean manteles blancos  de abrazos comestible  Hoy  un sueño que no duerme  se posa con toda la fatiga del mundo  en los ojos desorbitados de escuchar  como cedes la vida  su sonido de semilla  con el peso justo  la indomable sabiduría  por ejemplo, de amar de pie  sin concesiones  Hoy la ciudad tiene los pies fríos y toda ella es una roja periferia donde nadie

El fin del reinado mundial del petrodólar. (Fragmento de GEAB 72 (febrero 2013) - 2013-2015)

Fragmento de GEAB 72 (febrero 2013) - 2013-2015: El fin del reinado mundial del petrodólar Fragmento de GEAB 72 (febrero 2013) - 2013-2015: El fin del reinado mundial del petrodólar Luego, es muy evidente que el petróleo juega un papel primordial en toda esta historia. Cuando en enero de 2006, en el primer número de GEAB, anticipábamos la caída del Muro del Dólar, la analogía que se hizo fue entre el Muro de Berlín y la Cortina de Hierro que le permitieron al sistema soviético durar mucho tiempo, el Muro del Dólar protege a Estados Unidos. Pero a su vez éste Muro esta cimentado sobre el petróleo, esta materia prima tan estratégica que obliga al planeta a recurrir al USD para procurárselo. Mientras el petróleo se pague en USD, la demanda que se genera asegura el dominio de esta moneda. El hecho que la Unión Europea haya seguido a Estados Unidos en sus sanciones contra Irán, en lugar de pagar su petróleo en EUR, le viene bien. Pero la expansión de las rel

Huevos y Gallinas

Cumple, hoy y aquí, camarada Tovarich, redoble por bucólicas…Que un epigrama amargo sobre cualesquiera infamias nos coja a todos confesados… Me acuso, para el caso,  padrecito, de pertinaz gallina ponedora.   Reconstruiré un difuso recuerdo de mi primera infancia: veraneo en Villarmayor, Nr. Miño; tardes interminables, abrasadas, con olor a hierba recién cortada y manzana reineta. Soy capaz, todavía hoy, de visualizar la escena, cual si de una peli gore se tratase:   Exterior día.- La solana y, allá al fondo, el corral, avispero de plumas llameantes, moscardones zumbando y el estridente cacareo de las gallinas. Por la derecha, aparece un hombre con un hacha. De certero manotazo, se apodera, zas, de una huevona. Sus hermanas- y el gallo de la cresta colorada y dorados espolones -, tras segundo y medio de revuelo, continúan su  picoteo en busca de gusanos deslucidos. La cámara, en lento travelling, sigue al hombre del hacha, que, con su Mª Antonieta agarrada