Ir al contenido principal

Erache visto! por Gabriel Beceiro

Erache visto! | Ollaparo. O universal é o local sen muros



Erache visto!

por Gabriel Beceiroparaquedas-sebastian-lenormand

O SORPASSO, U-LO? O resultado das eleccións vascas e galegas deitan un resultado de continuidade exento de efeito taumaturxico. As eleccións confirman en esencia o que xa sabiamos.  Que o nacionalismo afortálase e resiste alí onde xa era e estaba, que Ciudadanos só osma onde nunca falla o PP,  e que as franquicias de Podemos debilitan un bocadiño as esquerdas alternativas nacionalistas.  O sorpasso  non se materializou en escanos. En Marea e PSG-PSOE acadan 14 representantes no Paralmento. Se ben para En Marea hai motivo de alegria por superar os 9 escanos de AGE, para o PSdeG estes resultados é a eclosión da crise inducida por Abel Caballero desde Vigo. A homeóstase percebida  confirma que as franquicias e marcas de Podemos herdan un bo bocado do antigo eleitorado urbán e xoven dos socialistas. A fuga de votos cara Podemos, que o PSOE non sabe como aturar porque non defronta abertamente que abrazando o PP e o seu  imobilismo apenas é unha copia de quen mellor defende o statu quo e que abrazando a Podemos plantexaríase unha alianza con certos sectores nacionalistas para selo eixo da alternativa ao PP no Parlamento español. Após as eleccións galegas e vascas o PSOE  xógase identificarse co nome propio (socialista) ou co do pai (español),  o punto de identificación simbólica que o subordina ainda máis ao que o PP representa.
O BNG RESISTE.Contra todo prognóstico o BNG non baixou tanto como querían. Ao cabo, tratándose dunhas “autonómicas” era  o único partido galego que caneou os afagos seductores de Podemos, aguantou con paraquedas a irrupción de En Marea e perde un deputado.
SER PARA O OUTRO. A ideoloxía de dereitas adoita ser experta en oferecerlle á xente a insuficiencia e a debilidade, talvez tamén a culpa, como atributos identificadores. Entanto os datos deitan unha Galiza real con problemas endémicos, a que oferece a esquerda desleixa o feito de que a indentificación imaxinaria da xente é cunha Galiza que continua identificandose “en nome dunha certa  ollada no Outro” (Lacan-Zizek).  A fenda entre o xeito en que me estou a ollar a min mesmo e a perspectiva desde a que estou a ser enfeitado. Galiza sempre procura parecer amabel a Madrid (transnominación de España) partillando a adhesión ao goce do Outro.  Enguedellada nunha vertixe masoquista que impide a irrupción da parte que non asume o papel de actuarpara o outro, organiza a súa culpa e o seu fracaso. A identificación imaxinaria de Galiza é o seu “ser para o outro” (Hegel), porén a esquerda non entende que é esa identificación a que hai que rachar. Seica non é a España do duopolio hexemónico corrupto, a dos vasos comunicantes do poder e o diñeiro, a que xerou esa olla “amabel” e idealizada do pobo galego, a das festas gastronómicas, a dignidade da “xente do común” exenta de inanidades, etc? Non é esta identificación simbólica a instancia que domina, o punto de vista desde o que somos enfitados? Até cando acreditarmos nesa idealización que serve á dereita española para ir sumando mandatos e lexislaturas? Até cando continuará actuando a esquerda para o show do statu quo (PP-PSOE) que non acaba de afundirse?
O que estes resultados veñen confirmar na súa compulsión é que Galiza nunca falla ao PP, quer dicer, á ollada paterna que simboliza unha determinada concepción da democracia española. Alomenos de momento, até que se demostre o contrario,  nen as amizadas perigosas nen os casos de corrupción que ateigan o PP no Estado salpicaron de abondo a Feijoó. Seica non é esa baixa implosión da corrupción na armazón do PP galego  o que está a servir de “acolchado” ou  de amortecedor dos efectos da corrupción  estructural que  ten estoupado en Valencia e ao que contribuen, no mesmo goce do común ideolóxico,  os casos de corrupción do PSOE de Madrid ou de Andalucía?
Velaí as equívocas palabras guindadas por Feijoó na mensaxe de onte á noite cando afirmou que el non era o futuro do PP en Madrid mas que é “o presente de Galicia”. Isto non significa simplesmente a obviedade de que se presentou como candidato á Xunta e con rotundísima vitoria; implica ao mesmo tempo a quen así se designa na perspectiva dos populares, que Galicia ficará reducida a ser un endemismo, un puro “presente” (non foi “presidente” o que el dixo) , ainda cando no nivel dos feitos da sanidade e da educación públicas, dos servizos sociais, da renda dispoñibel, da emigración que non cesa e do devalo do idioma non reflictan progresos na democracia e na liberdade.
Porque o rexime político lexitimado como “democracia española” produciu o fenómeno da corrupción estructural, o clientelismo, a porta xiratoria poder-diñeiro e a consolidación na democracia liberal española da subalternidade económica, social e política de Galiza. Portanto, Feijoó non se arreda en aludir á situación política española espetando que “en Galiza non haberá bloqueios, nen vetos, nen parálise”, en todas as situacións que o contradín os feitos, porque tal é o grau de imitación e identificación coa imaxe do que Rajoy significa. A mesma concepción que abre agora a porta á parálise da súa política.
A súa vitoria terá efeitos, nomeadamente, fora das fronteiras galegas.  Primeiro, non mudará o cotiá, cun Feijoó a seguir gobernando sen precisar pactar nada. Segundo, a maioría absoluta fornece fólego a un Rajoy e un PP nun intre no que, alomenos no Estado, as súas siglas son sinónimo de corrupción sistémica. Terceiro, sendo el o “presente” do PP (transnominación de Galicia) non haberá bloqueio, nen veto á súa persoa xa que a imensa vitoria valídao como o dirixente do PP máis ben colocado para substituir a Rajoy nun futuro non moi lonxano.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Elegia rota a Rafael Pillado, amigo, mestre, compañeiro e camarada

Elegia rota a Rafael Pillado, amigo, mestre, compañeiro e camarada Yo no me río de la muerte.  Sin embargo conozco su  blanca casa, conozco su  blanca vestimenta, conozco  su humedad y su silencio.  Claro está, la muerte no  me ha visitado todavía,  y uds. preguntarán: ¿qué  conoces? No conozco nada.  JAVIER HERAUD  “Jamás os dire ADIOS, a vuestra cita no faltare”  Es impagable este día eterno sin cielos troquelados  de una “fe adorable que el destino blasfema”  sin un solo dios verdadero  y sin las jaculatorias del miedo y la amargura  Una bandada roja de manos clandestinas  acompaña esta firme tristeza  sin embargo también ondean manteles blancos  de abrazos comestible  Hoy  un sueño que no duerme  se posa con toda la fatiga del mundo  en los ojos desorbitados de escuchar  como cedes la vida  su sonido de semilla  con el peso justo  la indomable sabiduría  por ejemplo, de amar de pie  sin concesiones  Hoy la ciudad tiene los pies fríos y toda ella es una roja periferia donde nadie

El fin del reinado mundial del petrodólar. (Fragmento de GEAB 72 (febrero 2013) - 2013-2015)

Fragmento de GEAB 72 (febrero 2013) - 2013-2015: El fin del reinado mundial del petrodólar Fragmento de GEAB 72 (febrero 2013) - 2013-2015: El fin del reinado mundial del petrodólar Luego, es muy evidente que el petróleo juega un papel primordial en toda esta historia. Cuando en enero de 2006, en el primer número de GEAB, anticipábamos la caída del Muro del Dólar, la analogía que se hizo fue entre el Muro de Berlín y la Cortina de Hierro que le permitieron al sistema soviético durar mucho tiempo, el Muro del Dólar protege a Estados Unidos. Pero a su vez éste Muro esta cimentado sobre el petróleo, esta materia prima tan estratégica que obliga al planeta a recurrir al USD para procurárselo. Mientras el petróleo se pague en USD, la demanda que se genera asegura el dominio de esta moneda. El hecho que la Unión Europea haya seguido a Estados Unidos en sus sanciones contra Irán, en lugar de pagar su petróleo en EUR, le viene bien. Pero la expansión de las rel

Huevos y Gallinas

Cumple, hoy y aquí, camarada Tovarich, redoble por bucólicas…Que un epigrama amargo sobre cualesquiera infamias nos coja a todos confesados… Me acuso, para el caso,  padrecito, de pertinaz gallina ponedora.   Reconstruiré un difuso recuerdo de mi primera infancia: veraneo en Villarmayor, Nr. Miño; tardes interminables, abrasadas, con olor a hierba recién cortada y manzana reineta. Soy capaz, todavía hoy, de visualizar la escena, cual si de una peli gore se tratase:   Exterior día.- La solana y, allá al fondo, el corral, avispero de plumas llameantes, moscardones zumbando y el estridente cacareo de las gallinas. Por la derecha, aparece un hombre con un hacha. De certero manotazo, se apodera, zas, de una huevona. Sus hermanas- y el gallo de la cresta colorada y dorados espolones -, tras segundo y medio de revuelo, continúan su  picoteo en busca de gusanos deslucidos. La cámara, en lento travelling, sigue al hombre del hacha, que, con su Mª Antonieta agarrada