Ir al contenido principal

A sentenza que condena a Casandra Vera. Unha continuación a non lavarse as maos…

A sentenza que condena a Casandra Vera. Unha continuación a non lavarse as maos… | Ollaparo. O universal é o local sen muros



A sentenza que condena a Casandra Vera. Unha continuación a non lavarse as maos…

por Gabriel Beceiro

Quixera voltar sobre a crónica de hai un ano. Nela chamaba a precisar o sentido das palabras  “significarse” e outra series de eufemismos utilizados arredor do memorialismo e das homenaxes, tendo continuación o argumentario nunha segunda crónica publicada o pasado mes de febreiro na que, se o meu razonamento era xusto, a miña demostración correcta e os meus argumentos asisados, entón debería avanzar até o concluir: a confusión entre “memoria histórica” e “memoria colectiva” após anos de seren confundidas significaba algo. Chamaba a precisar o seu sentido xa que o relato oficial vai presupor sob ditado da chamada “lei da memoria histórica” unha “memoria colectiva” que non o era.
Trazouse unha equívoca equivalencia co pasado colectivo – a sentenza con pena de prisión, a segunda en pouco tempo,  á tuiteira Casandra Vera  tornou a pór en evidencia-  cando a chamada “memoria histórica” resultou ser un relato excluinte que, de brazo dado do “legalismo ideolóxico”, contribuiu a manter unha discriminación ontoloxica e, portanto, política e social, en relación ao recoñecemento das vítimas segundo a significación das vítimas. Rendámonos á evidencia, o franquismo esmoreceu baixo a súa forma histórica após do 78 mas continuan a existir plantexamentos indexables, excluidos do cerne da sociedade, nos que prexuizos e sentenzas veñen contornados e xustificados polos perfís ideolóxico, intelectual, idiomático e de xénero malia o relato hexemónico unionista da integridade constitucional e territorial de España e o teimoso apelo a uns valores tan aclamados canto incertos xa que estes nunca se formulan na nudez do aquí e agora, mas en virtude de trascendencias que perpetuan os sometimentos e todo aquilo que non pode ser dito.  Doutro xeito: continúase criminalizando o pensamento  e todo o que fai rir, ofende e provoca.  Esa  insistente negativa a recoñecer os problemas, e a realidade, ao cabo, maniféstase como legalismo ideolóxico, o só “imperio de la ley”, como eles gostan dicir. En España utilizar o Twitter e as redes sociais para escribir humor negro sobre terrorismo, a monarquía ou a unidade de España dá pena de prisión.
Coas fosas comúns inzadas de cadáveres sen desenterrar e con xuizos sumarísimos  vixentes pois ainda non foran declarados nulos de pleno dereito, Casandra Vera, moza de 21 anos que ainda non nacera cando o atentado,  é condenada  un ano de cárcere e inhabilitación absoluta de 7 anos  por 13 chíos de humor macabro realizados entre 2013-16 contra Luís Carrero Blanco para os que a própria neta  do militar e político franquista – en 1973 era primeiro ministro do goberno de Franco-  pideu a absolución nunha carta publicada no xornal El País. Unha rapaza  que decidida a chamar a atención e vencida doada inmediatez do chío social  escribe este post “Filme: Tres metros sobre o ceo/ Produción: Filmes ETA/ Director: Aragala [membro da organización terrorista ETA]/Protagonista: Carrero Blanco/Xénero: Viaxe espacial”, ou estoutro, “será que Carrero Blanco tamén voltou para o futuro co seu carro?”.  Chíos desta fasquía foran considerados polo tribunal español como un delito de humillación das vítimas do terrorismo de ETA e punibeis con 7 anos de inhabilitación. Para o tribunal non é lóxico ofrecer unha pena mais leve polo facto de o atentado da ETA – na estrada na que Carrerro Blanco seguia para a misa – ter ocorrido hai mais de corenta anos. “A cicatriz do atentado persiste, mesmo que con menos intensidade, e as vítimas de terrorismo continuan a ser unha realidade incuestionábel que merecen respeito e consideración, independentemente da altura”.  Lembremos que o responsabel daquel atentado non foi xulgado nen condenado, fuxiu de Madrid e publicou despois nun libro making of, sendo perdonado após a lei de amnistía do 1977. Deixádeme  lembrar tamén que o asasinato de Carrero pola ETA foi vivido pola sociedade española con indisimulado gozo e non coa indignada condena que mereceu o cego terrorismo  posterior.
casandra_vera_carrero_blanco
O de Casandra Vera non é o único caso que sofre condenas por opinións expresadas a través das redes sociais. O usuario de Twitter Ximi Comix foi condenado por un delito de inxurias a pagar 300 euros, 1000 de indemnización e os custos dos xuizo por ter dito, en referencia á delegada do goberno en Madrid Cristina Cifuentes, “calla puta que no tienes dignidad”; o músico César Strawberry, cantante de Def con Dos, sentenciado en xaneiro a un ano de cárcere; condenas en base ao artigo 578 do Código Penal de 2015 , que tipifica o delito “glorificación do terrorismo”  e protexe as vítimas do “desacredito, desprezo e  humillación”.
Foucault ten mostrado que o castigo era o porvir dos rebeldes e insumisos na sociedades disciplinarias. Porén, o enxamio das redes sociais tamén oferecen  vieiros para baleirar de contido a liberdade para entullala outra vez co único contido mercantil e mimético da lóxica neoliberal. A enxurrada de palabras que as redes sociais desaban dia após dia acaban significando nada. O lixo, lixo é (a dereita e a esquerda) e non serei eu quen tire das piruetas intelectuais para o reciclar. Porén, estas sentenzas descobren e apuntan cara o lugar errado. Amedrontan e atemorizan a parte máis feble e poden acabar criminalizando a liberdade de expresión e de pensamento xa que penalizan ao común, tanto na forma individual como colectiva, pola lexitimación dunha resposta respresiva de quen máis ordena, do establishment e dos gobernos no poder. O recoñecemento dos efectos do poder, os lugares nos que se formula e expresa, obríganos a procurar e interpretar. Velaí Rafael Hernando (PP) deputado emblemático das indignacións tan inmunes como selectivas,  afirmando que a II República provocou “un millón de mortos”,  acusando aos familiares de víctimas do franquismo de moverse por diñeiro. Portanto, se as vítimas de terrorismo continuan a ser unha realidade incuestionábel que merecen respeito e consideración, independentemente da altura, Hernando aparece como síntoma e como modelo ao que se atribue o uso e posesión exclusiva desta violencia social, autorizada e lexitimada. Con certeza, estas afirmacións de Hernando alimentan as súas raices no substrato político do rexime do 78: as elites, os graduados do ICADE de Comillas e da Complutense, das bodas do felipismo e do aznarismo co empresariado, dos ministros, dos escolleitos a esquerda e dereita,  que acabaron por conformar unha oligarquía disociada dos intereses  e vida dos cidadáns, arrogando o poder político en exclusiva. Eís o humus, que se foi alimentando a partires dos anos oitenta, no que se conformou o novo TOP (Tribunal de Orden Público). Quen ainda o viveu na casa diciannos aquilo de “iso non se pode dicir” para nos sinalar os carreiros marcados e as autoestradas mentais. Para algúns, non moitos, sinalaba tamén o que con urxencia había que dicir porque ficaba oculto e invisibel. Porén, a domesticación é implacabel e a secesión dos máis poderosos cada vez máis impúdica. En calquera casro, esta disociación entre pasado e presente ( a nudez do presente é o tempo do capitalismo máis feroz), entre memoria histórica e memoria colectiva, ten entregado ao individuo á só redención persoal, xerando na sociedade unha impresión de que todo pode ser vulnerado, de intemperie, que alimentou a crise actual. Como pode sorprender ainda que a indignación e a desafección desembocaran en mofa e escarnio, mesmo en ira?
A liberdade produce pasmo, inqueda. Que acontece nun Estado cando o rexime franquista após coarenta anos continua impune. Que acontece en España cando o Estado e o poder autonómico emprazado non fixeron  ningunha  xustiza nen reparación con tantas persoas e familias,  de Alexandre Bóveda a Moncho Reboiras,  de José Bernabé a Amada García; cando placas e monumentos dunha ditadura que arrasou liberdades civís e vidas continuan enfeitando prazas e rúas e se condena após corenta anos do atentado contra o presidente dun rexime ditatorial a unha rapaza de 21 anos por dicir que Carrero Blanco  voltou para o futuro co seu carro. E se resulta que atinou co diagnóstico?

Comentarios

Entradas populares de este blog

Aumentan las renuncias de miembros del Gobierno de EE.UU. en protesta por la política de Biden respecto a Gaza | Democracy Now!

Aumentan las renuncias de miembros del Gobierno de EE.UU. en protesta por la política de Biden respecto a Gaza | Democracy Now! Amy Goodman y Denis Moynihan El ataque de Israel contra Gaza ha provocado protestas en todo el mundo, incluido Estados Unidos. Aunque últimamente la atención se ha centrado en las manifestaciones estudiantiles en los campus universitarios, también ha emergido otro movimiento de protesta: el de funcionarios del gobierno de Estados Unidos que se oponen a las políticas estadounidenses que están devastando Gaza y que ofrecen una crítica desde adentro del accionar de su gobierno. A pesar de esta ola de disenso interno, y aunque al mismo tiempo esté pidiendo un alto el fuego en Gaza, el presidente Joe Biden sigue proporcionando armas y cobertura diplomática a Israel. Lily Greenberg Call fue designada por Biden, a principios de 2023, como asistente especial de la jefa de gabinete del Departamento del Interior, pero renunció a su cargo el 15 de mayo de este año. En un...

Elegia rota a Rafael Pillado, amigo, mestre, compañeiro e camarada

Elegia rota a Rafael Pillado, amigo, mestre, compañeiro e camarada Yo no me río de la muerte.  Sin embargo conozco su  blanca casa, conozco su  blanca vestimenta, conozco  su humedad y su silencio.  Claro está, la muerte no  me ha visitado todavía,  y uds. preguntarán: ¿qué  conoces? No conozco nada.  JAVIER HERAUD  “Jamás os dire ADIOS, a vuestra cita no faltare”  Es impagable este día eterno sin cielos troquelados  de una “fe adorable que el destino blasfema”  sin un solo dios verdadero  y sin las jaculatorias del miedo y la amargura  Una bandada roja de manos clandestinas  acompaña esta firme tristeza  sin embargo también ondean manteles blancos  de abrazos comestible  Hoy  un sueño que no duerme  se posa con toda la fatiga del mundo  en los ojos desorbitados de escuchar  como cedes la vida  su sonido de semilla  con el peso justo  la indomable sabiduría...

La impunidad a los 43 años del Golpe de Estado de Uruguay

El Estado uruguayo comenzó a actuar en forma ilegítima desde la década del 60, cuando obreros y estudiantes enfrentaban una brutal represión. A partir del 27 de junio de 1973 el golpe institucional se consagra con la disolución del Parlamento, llevada a cabo por Juan María Bordaberry, que pasaría de Presidente de la República a dictador. A partir de ahí se ejerció ferozmente la violencia sistemática y generalizada donde se utilizó la fuerza de las armas y la anulación de los derechos de los ciudadanos, incluso el más básico: el derecho a la vida. Toda la sociedad, de una manera u otra, fue atrapada por las garras de la dictadura, salvo, aquellos que fueron cómplices o se beneficiaron con ella. La disolución de las Cámaras fue enfrentada por los trabajadores, los estudiantes universitarios y los sectores populares de todo el país. La misma madrugada que se gesta el golpe, la respuesta de la CNT no se hizo esperar, lanzó un manifiesto llamando a la ocupación de los lugares de trabajo...