Ir al contenido principal

España retrógada, por Gabriel Beceiro

España retrógada | Ollaparo. O universal é o local sen muros





España retrógada

por Gabriel Beceiro

Que pasa cando se substitue un goberno autónomo e o seu presidente escolleito polo parlamento de acordo cos resultados dunhas eleicións, por persoas e órgaos nomeados por outro goberno, central ou federal, vinculadas aos seus ministerios? Malia ser inédita, para alén das óbvios paralelismos co 6 de outubro de 1934 cando Companys  proclamou o Estat Català dentro da República Federal Española, trátase dun golpe antidemocrático arranxado desde o interior do Estado, xerador de máis problemas dos que resolve xa que despois  da reprobación da lexitimidade do fiscal xeral do Estado por parte do Congreso dos Deputados (a Audiència Nacional non tén competencia para enxergar do delito de sedición), da denuncia sen mínima aparenza de xustiza e a prisión incondicional ditada contra os Jordis e fulminar 40 anos de autogoberno, non fai máis que encirrar o problema de fondo nacional-territorial, repetindo os mesmo erros que no 34 cando se creou unha xestora de suplantación que non votou ninguén. Até aquí a semelleza,  porque se obviamos que se trata da segunda intervención da mesma institución se descartamos o golpe de estado de 1923, aquelas foran mobilizacións de confrontacion sobre o pano da militarización que levou á suspensión do Estatut, máis da metade dos concellos cesados e millares de persoas prendidas. No momento actual non houbo violencia agás a exercida polo proprio Estado contra poboación civil que quería votar o 1-O, e derívase da decisión do Tribunal Constitucional de cortar o Estatut e do rexeitamento sistemático das peticións catalanas. Porén, existe a semellanza de colocar á frente das instucións catalás a quen ninguén votou.
Quen poderia aceitar sen revoltarse a enaxenación do princípio fulcral dos parlamentos e os gobernos emana do voto popular e non dunha intrusión inadmisíbel de instituicións políticas por  incapacidade de resolver os conflitos?
Porén, non hai posibel aplicación amabel do artigo 155. Porque a súa activación deriva dunha malintencionada e instrumental lectura do dereito. Por un lado, supón a suspensión práctica da autonomía dese parlamento e, por outro, unha voladura do estado de dereito. A decisión do goberno central de aplicar o artigo 155 da Constitución española co contido presentado por Rajoy supón a suspención de facto da autonomía catalana. O Parlament perde a función de control, a de votación da investidura do presidente así como a súa capacidade lexislativa, ficando vinculado ao Senado español. Unha recentralización  que afecta tamén  á capacidade de disolver o Parlament -que o Estatut reserva en exclusiva ao presidente da Generalitat- e convócanse eleicións desde as institucións españolas.
Non se poderán recorrer ao Tribunal Constitucional- tan utilizado outras veces- para dar comprimento á posibilidade do Parlament de presentar recursos de inconstitucinalidade. O artigo 155 non permite relevar o goberno da Generalitat, non hai interpretación posibel xa que fala de “obrigar ao comprimento forzoso das súas obrigas”, non da substitución dos órgaos de autogoberno. Portanto, trátase dunha medida inconstitucional. Alén diso, fica tamén arrombado o principio de legalidade que garante que as decisións dos gobernos podan ser recorridas diante dos tribunais de xustiza.
Hai meses que veño alertando da confusión entre realidade política e xurídica no que vin chamando legalismo ideolóxico, no intre en que a apropriación do dereito se instrumentalizou desde os parámetros ideolóxicos da ultradereita  que nutren o PP na súa xuntura orgánica co Estado – e coa outra perna do PSOE-  e que se substancia aquén desa apropriación nun relato direccionado a rachar o convivio con munición falaz que tanto serve para o escarnio contra as institucións de autogoberno como para descualificar a escola pública catalana realizada desde a ignorancia consentida, querida e difundida como catalanofobia. Con este paso retrógrado, a autoridade do Estado retírase por completo para deixar falar a voz da forza. Sen  ética da escoita, o Estado acaba negando a realidade.  A aplicación taxativa do 155 rexeita calquera forma de vulneración e conmoción. Simples reacción reflexa.Porén, a democracia precisa a experiencia profunda de estar aberta para o outro. Se se instala no Estado narcisista o que fica é a descarga incontrolada que vai minando a esfera pública a través da única conexión legal, destruindo a distancia mas non xerando relación nen cercanía ningunha.Eís tamén o problema de fondo de Europa: simples tratado intergobernos que non vai alén da vontade da cada capital e do capital (os cartos son un mau transmisor de identidade).
Lembraba que o sentido  da Constitución non está no texto. Desde a orixe a forxa da Contitución derivouse da substantación dos estatutos de autonomía, que a preceden. O texto non foi fechado mas ten sido suplantado. Até o punto de esquecer “o libre consentimento das nacionalidades para formar parte de España” que reclamaba hai  cen anos Pi i Margall e Castelao reformulaba así: Para nós non hai máis que unha república viable: a que se basea no libre consentimento das nacionalidades que integran España. Damos por ben mortas á primeira e segunda República e esperamos á terceira. Esta terceira República será federal se quere ser definitiva”. Portanto, non é o desleixo ou a má administración das denominadas nacionalidades históricas, comunidades autónomas ou rexións onde hai que procurar a crise de gobernanza do Estado a causa do actual estado de cousas. A petición catalá é unha resposta a ese devalo, perceptibel na eiva constitutiva do estado español e de Europa na súa deriva autoritaria (de Varsovia a Madrid pasando por Budapest) que non é outra que a do estado-nación na súa dupla reacción contra o global e o local.  A Unión Europea tería aquí unha oportunidade  de superar o estado-nación abríndose a refundación republicana sobre o recoñecimento das nacións e rexións.
Pi i Margal intuiulo e  Castelao o desenvolveu no “Sempre en Galiza” en resposta á inmunidade estatalista de fasquía orteguiana: os cataláns, os bascos e os galegos demostran que os estados nacións xa non funcionan. Talvez é por iso que o que resta do estado-nación teime en cultivar eses elementos destructivos.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Aumentan las renuncias de miembros del Gobierno de EE.UU. en protesta por la política de Biden respecto a Gaza | Democracy Now!

Aumentan las renuncias de miembros del Gobierno de EE.UU. en protesta por la política de Biden respecto a Gaza | Democracy Now! Amy Goodman y Denis Moynihan El ataque de Israel contra Gaza ha provocado protestas en todo el mundo, incluido Estados Unidos. Aunque últimamente la atención se ha centrado en las manifestaciones estudiantiles en los campus universitarios, también ha emergido otro movimiento de protesta: el de funcionarios del gobierno de Estados Unidos que se oponen a las políticas estadounidenses que están devastando Gaza y que ofrecen una crítica desde adentro del accionar de su gobierno. A pesar de esta ola de disenso interno, y aunque al mismo tiempo esté pidiendo un alto el fuego en Gaza, el presidente Joe Biden sigue proporcionando armas y cobertura diplomática a Israel. Lily Greenberg Call fue designada por Biden, a principios de 2023, como asistente especial de la jefa de gabinete del Departamento del Interior, pero renunció a su cargo el 15 de mayo de este año. En un...

Elegia rota a Rafael Pillado, amigo, mestre, compañeiro e camarada

Elegia rota a Rafael Pillado, amigo, mestre, compañeiro e camarada Yo no me río de la muerte.  Sin embargo conozco su  blanca casa, conozco su  blanca vestimenta, conozco  su humedad y su silencio.  Claro está, la muerte no  me ha visitado todavía,  y uds. preguntarán: ¿qué  conoces? No conozco nada.  JAVIER HERAUD  “Jamás os dire ADIOS, a vuestra cita no faltare”  Es impagable este día eterno sin cielos troquelados  de una “fe adorable que el destino blasfema”  sin un solo dios verdadero  y sin las jaculatorias del miedo y la amargura  Una bandada roja de manos clandestinas  acompaña esta firme tristeza  sin embargo también ondean manteles blancos  de abrazos comestible  Hoy  un sueño que no duerme  se posa con toda la fatiga del mundo  en los ojos desorbitados de escuchar  como cedes la vida  su sonido de semilla  con el peso justo  la indomable sabiduría...

La impunidad a los 43 años del Golpe de Estado de Uruguay

El Estado uruguayo comenzó a actuar en forma ilegítima desde la década del 60, cuando obreros y estudiantes enfrentaban una brutal represión. A partir del 27 de junio de 1973 el golpe institucional se consagra con la disolución del Parlamento, llevada a cabo por Juan María Bordaberry, que pasaría de Presidente de la República a dictador. A partir de ahí se ejerció ferozmente la violencia sistemática y generalizada donde se utilizó la fuerza de las armas y la anulación de los derechos de los ciudadanos, incluso el más básico: el derecho a la vida. Toda la sociedad, de una manera u otra, fue atrapada por las garras de la dictadura, salvo, aquellos que fueron cómplices o se beneficiaron con ella. La disolución de las Cámaras fue enfrentada por los trabajadores, los estudiantes universitarios y los sectores populares de todo el país. La misma madrugada que se gesta el golpe, la respuesta de la CNT no se hizo esperar, lanzó un manifiesto llamando a la ocupación de los lugares de trabajo...