Ir al contenido principal

Cal é o papel do home na greve internacional de mulleres?

Cal é o papel do home na greve internacional de mulleres? | Ollaparo. O universal é o local sen muros


Cal é o papel do home na greve internacional de mulleres?


por 

A greve feminista interpela os homes e chámaos a participar, embora nun segundo plano. PP e Ciudadanos únicos partidos que non apoian a greve

Cal é o papel do home na greve feminista? Moitos homes hanse preguntar neste intre cal é o seu papel na greve de mulleres. Participarmos das manifestacións e concentracións? Traballarmos do mesmo xeito para que só o baleiro deixado polas mulleres  sexa visibel? Ficarmos na casa ou ofrecernos en grupos de voluntarios coidando e cociñando para que elas se poidan manifestar? Facermos os servizos mínimos nas empresas para que as nosas compañeiras se manifesten?
Como calquera greve ou protesta interpela a mulleres e homes por igual. No plano normativo, unha greve xeral limitada a un sexo non sería legal. Trátase dunha greve laboral sen precedentes para denunciar as desigualdades e a fenda de salarios, entre outras reivindicacións. A novidade é que tamén se trata dunha greve de cuidados de quen históricamente se ten ocupado dos coidados da contorna, da familia e da crianza. Será tamén unha greve de estudantes e de consumo. Se as mulleres deixan de facer estas tarefas diarias fica en evidencia que son elas quen costuman encarregarse. Mulleres fortes que loitan polo seu futuro e contra as inxustizas diarias: menos salario, dupla xornada laboral, humillación, acoso e maltrato.
Os sindicatos maioritarios chaman a un paro de duas horas por quenda sen distinguir o sexo do empregado, ainda que os colectivos feministas esperan que moitas persoas, nomeadamente as mulleres, non traballen durante 24 horas.
A dominación patriarcal tende a salvagardar o poder. Hai síntomas visibles de quen sentido perder privilexios saca as unllas. Trabállase para acabar coa dominación, for a que for? É a greve xeral a mellor de acadar as reivindicacions das mulleres? Talvez non se esta xornada se enxergara como dirixida apenas a unha parte da poboación.  Porén a ollada é comprida. Trátase dunha carreira ideolóxica pola igualdade.  Con certeza, a dimensión mundial da greve ten un valor máis simbólido do que inmediatamente efectivo, como calquera greve ou efeméride. Trátase de ocupar o espazo e marcar o tempo, servindo para visibilizar os problemas das mulleres, colocando as súa revindicacións laborais na axenda. Non é un dia non tanto para convencer mas para denunciar a humillación patriarcal vinculada á dominación polo traballo e pola ausencia de traballo.  Esa domesticación do capital que premia a productividade e penaliza o coidado e todo o que precisa de tempo. Velaí a reacción-ameaza da “patronal galega” (o patrono, o padroeiro, o proprietário de fábrica ou do establecimento) rexeitando a greve xeral de mulleres alegando que esta vai “afectar á produción e prestación de servizos de empresas” alén de “prexudicar iniciativas de negociación impulsadas no eido da igualdade”.
Se hoxe hai unha greve feminista mundial é por cansazo: que se enxergue que a loita polos dereitos laborais das mulleres é unha loita colectiva contra a dominación. Un dia para os homes nos retirar do espello de control, de subxectivación e de submisión . Esa condescendencia, ese paternalismo froito da nosa cobardía. E traballar para o 9M.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Elegia rota a Rafael Pillado, amigo, mestre, compañeiro e camarada

Elegia rota a Rafael Pillado, amigo, mestre, compañeiro e camarada Yo no me río de la muerte.  Sin embargo conozco su  blanca casa, conozco su  blanca vestimenta, conozco  su humedad y su silencio.  Claro está, la muerte no  me ha visitado todavía,  y uds. preguntarán: ¿qué  conoces? No conozco nada.  JAVIER HERAUD  “Jamás os dire ADIOS, a vuestra cita no faltare”  Es impagable este día eterno sin cielos troquelados  de una “fe adorable que el destino blasfema”  sin un solo dios verdadero  y sin las jaculatorias del miedo y la amargura  Una bandada roja de manos clandestinas  acompaña esta firme tristeza  sin embargo también ondean manteles blancos  de abrazos comestible  Hoy  un sueño que no duerme  se posa con toda la fatiga del mundo  en los ojos desorbitados de escuchar  como cedes la vida  su sonido de semilla  con el peso justo  la indomable sabiduría  por ejemplo, de amar de pie  sin concesiones  Hoy la ciudad tiene los pies fríos y toda ella es una roja periferia donde nadie

El fin del reinado mundial del petrodólar. (Fragmento de GEAB 72 (febrero 2013) - 2013-2015)

Fragmento de GEAB 72 (febrero 2013) - 2013-2015: El fin del reinado mundial del petrodólar Fragmento de GEAB 72 (febrero 2013) - 2013-2015: El fin del reinado mundial del petrodólar Luego, es muy evidente que el petróleo juega un papel primordial en toda esta historia. Cuando en enero de 2006, en el primer número de GEAB, anticipábamos la caída del Muro del Dólar, la analogía que se hizo fue entre el Muro de Berlín y la Cortina de Hierro que le permitieron al sistema soviético durar mucho tiempo, el Muro del Dólar protege a Estados Unidos. Pero a su vez éste Muro esta cimentado sobre el petróleo, esta materia prima tan estratégica que obliga al planeta a recurrir al USD para procurárselo. Mientras el petróleo se pague en USD, la demanda que se genera asegura el dominio de esta moneda. El hecho que la Unión Europea haya seguido a Estados Unidos en sus sanciones contra Irán, en lugar de pagar su petróleo en EUR, le viene bien. Pero la expansión de las rel

Huevos y Gallinas

Cumple, hoy y aquí, camarada Tovarich, redoble por bucólicas…Que un epigrama amargo sobre cualesquiera infamias nos coja a todos confesados… Me acuso, para el caso,  padrecito, de pertinaz gallina ponedora.   Reconstruiré un difuso recuerdo de mi primera infancia: veraneo en Villarmayor, Nr. Miño; tardes interminables, abrasadas, con olor a hierba recién cortada y manzana reineta. Soy capaz, todavía hoy, de visualizar la escena, cual si de una peli gore se tratase:   Exterior día.- La solana y, allá al fondo, el corral, avispero de plumas llameantes, moscardones zumbando y el estridente cacareo de las gallinas. Por la derecha, aparece un hombre con un hacha. De certero manotazo, se apodera, zas, de una huevona. Sus hermanas- y el gallo de la cresta colorada y dorados espolones -, tras segundo y medio de revuelo, continúan su  picoteo en busca de gusanos deslucidos. La cámara, en lento travelling, sigue al hombre del hacha, que, con su Mª Antonieta agarrada